O xoves día 18 ás 17 horas imos presentar na feira de FITUR, en Madrid, as virtudes que ten a Mariña como destino turístico. Ten que ser unha exposición clara, concreta e motivadora para convencer os alí presentes en menos de 25 minutos.
Como todos estes últimos anos, a Mancomunidade de municipios da Mariña acude ó extraordinario escaparate de ofertas turísticas que é a feira FITUR. Alí concéntrase en dez pavillóns os mellores destinos turísticos que hai no Mundo. Nosoutros estaremos no pavillón número nove compartindo espazo no stand de Galicia. Procuramos, sempre e entre todos, que Galicia e a Mariña sexan coñecidas e recoñecidas empregando todos os medios que temos ó noso dispor.
O turismo é unha boa oportunidade para a Mariña, como recurso económico e tamén como medio de expoñer e dar a coñecer as características globais da nosa Comarca. Queremos que a xente que nos veña visitar teña o sentimento de querer quedarse a vivir aquí.
Pero claro, si queremos presumir de comarca, temos que vela co convencemento de que está atendida e coidada como se merece e preparada para causar unha óptima impresión.
As infraestruturas con que se atopa o visitante seguro que o sorprenden. Primeiro pola ausencia dunha autovía ou vía de alta capacidade que cruce a Mariña. En segundo lugar o estado lamentable da N-642, que soporta unha densidade de tráfico impresionante ofrecendo unha ampla gama de rebaches que nos lembran tempos remotos en zonas remotas.
En FITUR vanse presentar este ano os trens turísticos. Esta opción turística estase aplicando de maneira moi tímida na Mariña. Con respecto a este tema levamos anos reclamado mellores servizos ferroviarios, mellores infraestruturas e trens de cercanías. De momento o visitante que veña en tren pode vivir aventuras singulares. A aposta por este servizo público é fundamental para favorecer o desenvolvemento económico, cultural e turístico da comarca.
Outra cuestión que nos prexudica é a perda da Área Sanitaria da Mariña. É negativo para os visitantes, pero é moi negativo para a xente que vivimos aquí. A perda de autonomía funcional do hospital de Burela, a perda de servizos, de profesionais, de fortaleza na atención primaria condiciona, sen dúbida á baixa,, o nivel estrutural, social, económico e turístico da Mariña.
Debemos defender e apoiar todos a nosa comarca, ós dezaseis concellos que a conforman, e xerar boas expectativas económicas derivadas do turismo, pero tamén debemos esforzarnos e compartir a responsabilidade de loitar e reclamar melloras básicas para o desenvolvemento global da Mariña. Pode ser unha boa solución para recuperar os case seiscentos habitantes perdidos no último ano.
Alfredo Llano García. Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



