Barreiros, 19 de xaneiro de 2018.- A voceira socialista no Concello de Barreiros, María Carmen Veiga, destacou este venres que “demostramos de novo que é o PSOE o único que atende ás necesidades dos nosos veciños. Pois hoxe o Goberno Socialista na Deputación aprobou un investimento de 230.000 euros para mellorar a estrada provincial que atravesa San Xusto, unha das parroquias máis importante na zona sur do noso municipio polo número de habitantes. Son 300 os veciños que directamente se beneficiarán destes traballos e centos de xeito indirecto, xa que esta vía dá acceso directo ao núcleo urbano de Barreiros, ademais de comunicar con Lourenzá e coa N-634”.
“Somos os socialistas os únicos que traemos investimentos a Barreiros para mellorar as dotacións públicas dos nosos veciños fronte a un Alcalde e un Partido Popular que castiga aos veciños de Barreiros, non facendo investimento algún para mellorar as dotacións públicas dos veciños do noso Concello; fronte ao un Alcalde e un Partido Popular que é capaz ata de multar ao municipio e, polo tanto, a todos os veciños, pola súa propia desidia e omisión absoluta de competencias; fronte a un Alcalde e un Partido Popular que mantén endebedado ao noso Concello con 3 millóns de euros”.
Neste senso, a voceira socialista explicou que “o Alcalde e os seus compañeiros do PP aprobaron un orzamento que non contempla investimento municipal algún para a mellora das prestacións públicas aos veciños; que o Alcalde e os seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia nin traen investimentos públicos ao Concello nin tan sequera compren coas súas responsabilidades legais, facendo a imprescindible e inexistente depuradora de Arealonga. É máis, o único que fan ao respecto é multar reiteradamente ao Concello, acumulando multas de 17.500 euros ata o momento, que teremos que pagar todos os veciños”.
“Lamentablemente, demóstrase, unha vez máis, que somos os socialistas os únicos que traemos investimentos para mellorar as dotacións públicas dos nosos veciños dende o Goberno do PSOE na Deputación. Os socialistas cumprimos cos veciños de Barreiros, traendo ao Concello un novo investimento para, neste caso, acondicionar un treito de 5 quilómetros da LU-P-0609 ao seu paso pola parroquia de San Xusto. Os socialistas traeremos novos investimentos ao Concello porque a nosa prioridade son os nosos veciños”.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



