Foz 22-1-18. Este domingo, día 21 de xaneiro, celebrouse na vila de Lourenzá a final do campionato comarcal escolar de campo a través. Era esta a primeira ocasión que o Club de Atletismo Ría de Foz competía nesta modalidade, fóra das carreiras populares, desde a súa recente creación.
A avaliación que realiza o Club non pode ser máis positiva, posto que os pícaros estiveron á altura do agardado. Ademais, moitos dos nosos atletas acadaron medallas que cobran especial valor ao e ser a primeira vez que o noso Club competía nesta modalidade. Deste xeito, moitos dos atletas lograron, coa súa boa actuación, a clasificación para o campionato provincial.
A continuación, destacamos algúns dos resultados dos nosos atletas nas diferentes categorías:
BENXAMÍN FEMININO:
-AINHOA MASEDA 6ª
ALEVÍN FEMININO:
-ELENA PUMARES 2ª
ALEVÍN MASCULINO:
-XABIER RODRÍGUEZ 1°
-XABIER VILLAPOL 8°
INFANTIL FEMININO:
-HELENA CELADA 3°
INFANTIL MASCULINO:
-AMIN RAJOUANI 3°
-AYMAN RAJOUANI 4°
-FRANCISCO SÁNCHEZ 8°
-LUCAS LEONEL 15°
2° posto por equipos nesta categoría
CADETE MASCULINO:
-JOSE MARÍA SÁNCHEZ 3°
ABSOLUTO MASCULINO:
-AYOUB EL-KAMEL 3°



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
