O Barqueiro 24-1-18. O sábado 27 de xaneiro as localidades do Barqueiro e Bares acollerán a primeira edición dos “Encontros Mareiros” que, organizados por Nordés (Asociación de Desenvolvemento das Terras do Sor e a Faladora), terán tres actividades: unha visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro; un xantar mariñeiro e unha charla sobre a pesca do peixorro, o tubarón peregrino.
A nova directiva de Nordés, encabezada por Martín Caínzos (Loiba), acaba de aprobar o programa xeral de actuación para 2018 e xa estamos á vista dos primeiros resultados efectivos. Para o último sábado de xaneiro está prevista unha xornada cun título moi suxestivo: Encontros Mareiros. A actividade comezará ás 11 da mañá coa visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro, creado por Daniel Béaz. A participación está aberta para as 25 primeiras persoas que realicen a inscrición (gratuíta).
Para as 14:30 horas a organización ten organizado un xantar mariñeiro a celebrar no Porto de Bares. O menú recolle diversas delicias do mar, como o son as ostras ao estilo “Muller Mariña”, mexillóns ao vapor, as croquetas de polbo ou a caldeirada de escacho. A participación, neste caso, está moi limitada: só hai 20 prazas dispoñibles.
Logo da sobremesa, dende as 18:00h. no mesmo local -o Restaurante Muller Mariña- realizarase a charla titulada “O peixorro en Bares: a pesca do tubarón peregrino”. Na que o relator será Toño Maño, autor da bitácora “Tiburones en Galicia”. Falaranos desta singular pesqueira, a única desta especie en toda a Península e doutras similares que se realizaban nos mares de Noruega e Irlanda. f[https://tiburonesengalicia.blogspot.com.es/]
Inscrición en 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com





















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



