RIBADEO (FNC).- No pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns no Concello de Ribadeo someteráse a aprobación o proxecto modificado e de nova licitación das obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do estado cuxa titularidade foi transferida ao Concello. O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “se trata dos tramos urbanos da Avenida de Galicia, Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Vilar… Esta obra foi licitada hai uns meses e despois tivemos que facer unha modificación dado que o técnico municipal advertía uns erros, tivemos que volver sacala a contratación e polo tanto os prazos para xustificar a primeira anualidade se acortaron e era moi complicado poder xustificar dentro da legalidade 300.000 euros para o pasado 2009”. O rexedor explicou que “propuxémoslle ao Ministerio de Fomento o traspaso desa anualidade para 2011, de tal maneira que neste 2010 se teñen que executar 700.000 euros e os outros 300.000 no 2011. Eso foi aprobado por parte do ministerio hai uns días o que nos obriga a sacar de novo a obra a licitación e de paso os técnicos advertiron que neste proxecto tan complexo e tan grande había unha serie de cuestións que poderían ser melloradas e procederon a modificar as cuestións pertinentes neste proxecto”.
Suárez Barcia sinalou que “é idea do goberno municipal licitar agora esta obra na súa globalidade para que neste 2010 se invistan 700.000 euros correspondentes prácticamente ao 70% da obra e no 2011 se invistan 300.000 euros que é o 30% do proxecto. Hai que lembrar que esta obra desde o punto de vista urbano vai ser fundamental para Ribadeo dado que se renovarán os pavimentos de todas as aceras, vánse poñer árbores sin que resten prazas de aparcamentos, mellorararáse o aspecto visual e humanizado destas vías e cambiaránse as tuberías e as cousas que están soterradas, pero que son moi importantes e que presentan graves problemas de esgotamento… teñen fibrocemento e materiales que agora mesmo non deberían estar no uso público para auga, para residuos, saneamento, etc”.
Cemiterios
Outro dos asuntos que vai ao pleno do luns é a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de cemiterios municipais en Ribadeo e Ove, conducción de cadáveres e outros servizos fúnebres de carácter local. O alcalde entende que “será aprobado senon por unanimidade sí por unha ampla maioría. Trátase desta ordenanza que regula os servizos dos cemiterios municipais, tanto o de Ribadeo como o de Ove que son os dous únicos que o Concello ten en propiedade, e que desde hai uns meses eu como alcalde quixen ter un diálogo con todos os grupos políticos de cara a buscar unha ordenanza de consenso e que rexise durante os próximos anos, dado que se advertían por parte dos técnicos unha serie de deficiencias endémicas desde hai anos nestes cemiterios municipais, o que deu lugar a facer esta nova ordenanza”.
Fernando Suárez suliña que “si se aproba vai haber cambios na maneira de tratar a aqueles propietarios que desatendan os elementos dos bens funerarios, que desatendan os nichos, que estean nunha situación deteriorada…e aí vaíse modificar a ordenanza para que o Concello teña a potestade de reversión e recuperación de todas estas sepulturas que estean abandoadas e que ninguén se preocupe delas durante un período de anos. Ao mesmo tempo había tamén outra cousa que nos preocupaba que é o espazo finito e limitado que ten o cemiterio de Ribadeo de cara a seguir facendo novas remesas de nichos. Como é necesario que o Concello para este 2010 efectúe unha nova remesa, tiñamos que poñer unha limitación ou algún control que ata agora era inexistente para darlle unha certa preferencia a aquelas persoas que sexan de Ribadeo ou que vivan en Ribadeo, porque senón podemos correr o risco de que enseguida se poidan colmatar todas as superficies vacantes e que o cemiterio quede saturado”.
O rexedor dixo que “mostra da boa disposición do goberno municipal é que en 3 ocacións se levou este asunto a unha comisión informativa para o seu debate, nas que se foron aceptando as aportacións de todos os grupos. No día de onte estimamos unha proposta do PSOE secundada por UPRI, PP e BNG. Contamos que este asunto vaia adiante e que teñan unha nova ordenanza os cemiterios, agora apróbase inicialmente e despois será exposta ao público para a presentación de alegacións”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



