FOZ .- O Instituto de Desenvolvemento Económico e Social colabora coa organización da VII edición da festa degustación do berberecho de Foz, actividade na que participarán o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez.
Nota de Prensa
A Deputación colabora na promoción do berberecho de Foz
Gómez Besteiro e Lara Méndez participarán na VII edición da festa degustación deste molusco bivalbo que se desenvolve a fin de semana na localidade mariñana
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participarán na sétima edición da festa do berberecho, que se celebra esta fin de semana no Concello de Foz, e coa que colabora a instititución provincial, a través do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES).
O organismo provincial promociona os produtos autóctonos da provincia, contribuíndo a manter moitos postos de traballo, ben a través das subvencións directas do INLUDES, ben a través das axudas ós autónomos que traballan na produción de produtos ou a través da campaña “Lugo Sabe,” que inclúe a distribución de 14.000 lotes de productos autóctonos.
A cita gastronómica, a única en Galicia destas características, dará comezo ás 9 da mañá coa apertura do mercado e, ás 12:30 horas, terá lugar un dos actos centrais da xornada coa lectura do pregón, que correrá a cargo do Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. A organización agarda que o sábado e o domingo pasen por Foz uns 5.000 visitantes, que poderán degustar uns 7.000 quilos deste bivalvo mariño.
O INLUDES xa colaborou noutras ocasións na organización da festa de exaltación do berberecho focense. Precisamente, en 2009 a cita gastrónomica fora presentada na Deputación. A festa ten o éxito asegurado, xa que cada ano incrementa o número de visitantes e a exquisitez dos produtos.
A ría de Foz foi durante décadas a principal produtora de berberechos de España. As casas de turismo rural, hoteis e apartamentos de Foz ofrecen esta fin de semana paquetes turísticos a aquelas persoas que non queiran perderse a festa. A organización tamén fleta un autobús que transportará a veciños doutros Concellos como Guitiriz, Pol, Lugo e Becerreá. No evento tampouco faltará a música.
Festa exaltación “Galiña de Mos”
A Deputada de Economía, Regina Polín, participará mañá sábado na exposición-degustación da “Galiña de Mos”, que organiza o Concello de Castro de Rei na localidade de San Xulián de Mos.
Na cita festiva darase a coñecer esta ave que, no seu día, serviu de patrón xenético do capón de Vilalba. Malia que esta especie estivo en perigo de extinción, en Avimós existe un censo de 460 explotacións en Galicia.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



