Lugo, 02 de xaneiro de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este venres no Día do Mar, incluído na programación do XXI Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2018, que se está a celebrar en Expourense ata o vindeiro domingo. O Goberno da Deputación conta cun espazo propio nesta Feira a través do que promover a provincia de Lugo e os seus produtos autóctonos mediante degustacións e material divulgativo, con folletos dos Concellos lucenses, así como das Denominacións de Orixe e tamén das Reservas da Biosfera.
Eduardo Vidal subliñou que “o turismo gastronómico é un piar fundamental no desenvolvemento deste sector na provincia lucense, pois contamos con produtos de primeira calidade que, sen dúbida, xustifican o lema… E para comer Lugo. Por iso, dende o Goberno Provincial achegamos ao longo do ano máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas ao longo do noso territorio. Facémolo, ademais, dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho”.
O Deputado de Turismo engadiu que “visitando a provincia pódese gozar, na zona norte, ademais das fermosas e extensas praias, bañadas polo mar Cantábrico, de produtos pesqueiros de altísima calidade, demandados polo mercado nacional e internacional. Entre eles atópanse a merluza do pincho ou o bonito, dous dos produtos do mar que contan con maior prestixio gastronómico en Galicia. Como sabedes, a pesca é un dos sectores punteiros da nosa economía, non en vano, contamos con dous dos principais puntos de descarga de pesca fresca de Europa: o porto de Celeiro, en Viveiro, e o porto de Burela”.
Vidal Baamonde apuntou que “os produtos do mar son capaces de xerar unha enorme riqueza, cun volume de negocio de máis de 125 millóns de euros só para a provincia de Lugo, e de dar emprego a miles de familias lucenses. Motivo polo que en conxunto coa Mancomunidade da Mariña, Asociacións de Hostaleiros, entidades, e profesionais estamos a impulsar os produtos autóctonos e, como non pode ser doutro xeito, os produtos do mar cos que contamos e que son de primeira calidade”.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



