Mondoñedo, 5 de febreiro de 2018. Os socialistas de Mondoñedo denuncian que o furgon adpatado para transporte de persoas con dispacidade ou dependentes, que custou mais de 41.000 euros, despois de mais dun mes, aínda non foi retirado do taller. A voceira socialista Esperanza González denuncia a inacción e a deixadez do Goberno de Elena Candia.
González explica que o procedemento de contratación deste vehículo iniciouse no pasado mes de novembro de 2017, polo procedemento de contrato negociado sen publicidade, demandando ofertas a 3 empresas. Sendo adxudicataria unha oferta cun importe total de 41.140 euros financiada cunha subvención de 35.927 euros do AGADER, e 5.212 euros que aporta o Concello.
“Tal e como consta no contrato de adxudicación o entregouse nun prazo de 29 dias, é decir nestes momentos, xa pasaron máis de un mes desde que o vehiculo foi recepcionado no taller, pero dende o Concello de Mondoñedo ninguén foi retiralo”, sinalou.
“Esta situación demostra que Goberno da Elena Candia está mais preocupado por saír nas fotos que por atender ás demandas dos veciños. Non entendemos como un investimento destas características, a dia de hoxe, segue paralizado pola ineptitud deste Goberno”, resumiu.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



