Lugo, 7 de febreiro de 2018. O dispositivo de inverno da Deputación, composto por case 70 operarios e 30 máquinas, está acondicionar no día de hoxe máis de 100 estradas de 18 Concellos, sobre todo na zona sur e na montaña, por acumulacións de xeo e neve, que nalgúns municipios da provincia como A Fonsagrada supera os 30 centímetros. Para facer fronte a esta situación, estanse a empregar fundentes para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e garantir así a seguridade dos usuarios das vías.
O Goberno da Deputación repuxo con 27 toneladas de sal dous dos silos dos que dispón na provincia para atender as emerxencias nas vías causadas pola neve e o xeo. Entre hoxe e mañá, o Executivo Provincial adquirirá un novo cargamento que irá destinado aos silos das zonas máis afectadas, como son A Fonsagrada, Navia e Cervantes.
Os municipios máis afectados por este motivo son Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, onde practicamente todas as estradas están cortadas por mor do xeo. As estradas máis afectadas pola neve e o xeo nestes momentos polas que se transita con dificultade por acumulacións de 10 a 30 centímetros de neve son as seguintes:
•Baleira: LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas ao Restelo”; LU-P-0405 “de Fonteo a Lastra”; LU-P-0407 “de Fontaneira por Vilar dos Adrios”.
•Becerreá: LU-P-0704 “de Cereixal por Penamaior a Escuela Alta Montaña”; LU-P-0707 “de Armesto por Tores As Nogais”; LU-P-0708 “de Cereixal a Louxas”; LU-P-6221 “de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei”; LU-P-0702 “da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada”.
•Courel: LU-P-1301 “de Seoane de Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “de Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306 “da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-4501 “do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a Meiraos”; LU-P-4701 “de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505 “do Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-5601”de Samos a Courel e Rampa a Santa Mariña”.
•Cervantes: LU-P-1401 “de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; LU-P-1411 “De Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702; LU-P-1401; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1404; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-1411; LU-P-1412; LU-P-3505; LU-P-4505.
•Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Paradela ao Alto do Restelo”; Cerrada LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; Cerrada LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; Cerrada LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia ao alto de Labiadas”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-3503; LU-P-3505; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.
•O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”; Cerrada LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-2501; LU-P-2502; LU-P-2503; LU-P-2504; LU-P-2505; LU-P-4706, LU-P-5711; e LU-P-2507.
•As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira a la 4504”; LU-P- 4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan”; LU-P-0707; LU-P-3702.
•Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
•Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.
•Quiroga: LU-P-5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín al límite provincial”; LU-P-5002 e LU-P-5005.
•Ribas de Sil: LU-P-5301 “de San Clodio ao alto da Cruz da Moa”.
•Ribeira de Piquín: LU-P-1906 “ de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P- 4606 “de Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro y Carballido a Asturias”.
•Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Caurel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”; LU-P-1306; LU-P-2503; LU-P-2507; LU-P-5602; LU-P-5604.
•Triacastela: LU-P-3702 “de As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”; LU-P-0706; LU-P-4505.
•Muras: LU-P-3804, “de Belesar a Viveiró”; LU-P-6602.
•Vilalba: LU-P-6506; LU-P-6502.
•Ourol: LU-P-3804; LU-P-6602; e LU-P-6502.
•Taboada: LU-P-6501 e LU-P-6502.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



