Foz, 8 de febreiro de 2018. Este xoves tivo lugar no Instituto de Educación Secundaria de Foz a presentación do XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería no que participarán 18 centros de Galicia, Asturias, Cantabria, Vitoria, Castela-León e París. Tamén se celebrará o VI Campionato de Baristas Profesionais e o VI Campionato de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería. A cita terá lugar do 21 ao 23 deste mes.
Na presentación o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, quixo “en primer lugar agradecer el trabajo del departamento de Hostelería, de los alumnos y en concreto de los dos que van a participar representándolo, y a las administraciones implicadas. Tenemos entre nosotros al alcalde de Foz, con quien mantenemos una colaboración año tras año para poder celebrar este campeonato. Quiero destacar la labor de Pepe Ríos, que es el coordinador del proyecto. Coordina todo el campeonato, toda la logística y sin él sería inviable”.
Pola súa banda Xosé Ríos agradeceu “en primeiro lugar a todo o mundo que nos apoia, a patrocinadores e colaboradores, e a todas as institucións. Como ben dixo o noso director, é o XI Campionato de Baristas de Escolas de Hostelería. Este ano participan con nós un total de 18 escolas: todas as galegas, unha asturiana, tres cántabras, unha escola de Vitoria-Gazteiz e outra de Castela-León. Ademais temos a honra de contar por primeira vez cunha escola de París. A través do programa Erasmus + contactamos con ese centro e van mandar unha representante ao campionato de baristas. Unha vez rematado o Campionato de Baristas de Escolas pasaremos ao VI Campionato de Baristas Profesionais. Temos un total de 12 participantes que se presentarán o venres. Recalcar tamén que estamos no VI Campionato de Cata de Escolas de Hostalería, no cal participan as escolas mencionadas antes. A xente de fóra pode achegarse tanto o xoves como o venres á degustación gratuíta por deferencia de todos os colaboradores e patrocinadores para poder degustar todos os cafés destes torrefactores”.
Xosé Ríos destacou que “os máis importantes son os baristas e os alumnos que veñen para a cata, sen eles sería imposible; así que grazas a todos os baristas e a todas as escolas participantes. Sentímolo moito por todas aquelas escolas que nos chamaron e as cales non podemos acoller aquí porque sería imposible xa ter máis escolas nos campionatos”.
A continuación o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que “é un orgullo estar aquí. Son xa moitos anos do campionato de baristas, cun recoñecemento a nivel autonómico e nacional moi alto e uns éxitos que podemos ver en recentes premios dos nosos alumnos. Hoxe están aquí estes dous alumnos do IES de Foz que estou seguro de que o van facer de marabilla. Son moitos xa os éxitos que os nosos veciños e alumnos deste centro están tendo en diferentes sitios de entidade, como o último éxito en Madrid Fusión por parte de Iago Eiroá, que para todos é un orgullo”.
O rexedor salientou tamén que “este campionato de baristas fomenta a marca de Foz no noso concello, como outras moitas cousas que fai o IES de Foz. Para nosoutros é moi importante ser un punto de encontro dos baristas en Galicia. Desexarlles a todos os participantes de diferentes puntos de Galicia e de España que pasen unha feliz estancia no noso concello, que se sintan como na súa propia casa; así o van facer porque están nun sitio que esta acostumado a recibir e a facer eventos deste tipo”.
Javier Castiñeira quixo “seguir animándoos a que sigan traballando polo IES de Foz, pola educación no noso concello, seguir facéndoo como están a facer e con ese respecto institucional que merece porque así conseguimos chegar a moito máis. Aquí, neste concurso de baristas, colaboramos todas as administracións, tanto a Xunta de Galicia como a Deputación de Lugo e o Concello de Foz, o que é un verdadeiro exemplo. Loxicamente sen o traballo do IES sería imposible, pero as administracións debemos estar sempre nestas cousas. Noraboa, sei que vai saír todo moi ben, moita sorte aos alumnos do IES de Foz e tamén a todos os que veñan, e que disfruten do noso concello unha vez máis co campionato de baristas de Foz”.
O alumno do centro focense que vai participar no campionato de catas de cafés, Juan Rubiños Prieto, explicou que “son catro probas. Unha delas é unha cata de augas, na que hai os sabores básicos: salgado, doce, amargo e ácido con dous niveis, un forte e outro máis suave, e tes que identificalos. Hai outra proba que é unha cata de olores con 36 olores que se poden apreciar no café e danche dez que tes que identificar. Despois hai unha cata de café, na que che dan cinco cafés diferentes que tes que identificar. Para min o máis complicado son as augas”.
E alumno do IES de Foz que vai participar no campionato de baristas, Ander Villanueva Santiago, comentou: “mi prueba es media hora en total que se parte en dos, son quince minutos preparando la estación, lo primero es regular el molinillo, que está a punto de molienda que no sabes y tienes que regularlo con el café que llevas. Después hay que preparar la mesa para los jueces, que son cuatro, y hay otros dos jueces técnicos que están en la cafetera. En los quince minutos de la actuación tienes que hacer cuatro capuchinos, cuatro expresos y un cóctel final con base de café. Llevamos casi dos meses, antes de las Navidades ya empezamos a probar y a mirar. Yo creo que cada barista tiene una estrategia y tratas de defender lo que mejor preparas”.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



