Cervo, 14 de Febreiro de 2018 – Oriente nunca estivo tan cerca, é o que poden pensar se durante esta fin de semana se achegan ao municipio de Cervo, e é que no pabillón municipal de A Veiga poderán observar numerosos practicantes chegados de tódolos recunchos de España para practicar TaiChi. Non é casualidade, a novidade para este municipio ven da man de Miguel A. Rojo e as súas inquedanzas marciais, que grazas ás súas arduas xestións burocráticas e o seu empeño conseguiu que, por primeira vez, un dos descendentes da linaxe directa da familia Chen e Mestre da Chenjiagou Taijiquan School imparta un curso TaiChi en España, e tampouco é casualidade que sexa na localidade de San Ciprián. A recente creación dunha Escola de Artes Marciais, o campionato de Galicia de TaiJitsu e tódalas actividades que tanto Miguel A. coma os seus alumnos traen ao municipio fan que, pouco a pouco, Cervo sexa recoñecido nun mundo tan místico e respectable coma é o das Artes Marciais e que máis xente coñeza esta cultura tan distinta e venerable.
O curso impartirase ao longo do Sábado e na mañá do Domingo, ámbolos días contarán con demostracións e enseñanzas do Mestre que amosará a explosividade e a elegancia dos movementos da súa escola, ao mesmo tempo, os alumnos aprenderán as novas formas e corrixirán algúns dos erros que cometen nas súas prácticas. Miguel A. describe este evento coma “O acontecemento máis importante do ano no noso departamento, ademais de ser un gran esforzo traer un Mestre de linaxe directo da aldea dos Chen en China”. Do mesmo modo as autoridades cervenses tamén quixeron destacar a importancia tanto cultural coma deportiva que ten un evento desta magnitude “para nós é unha oportunidade poder dar a coñecer o municipio e as nosas instalacións a culturas e deportes tan distintos coma son os orientais, ademais, tamén é un orgullo poder dicir que o primeiro sitio que visite este Mestre Chen en España vai ser Cervo”.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
