Lugo, 19 de febreiro de 2018. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns na Capela de Santa María o MusicAD, a nova programación musical que ofrece o Goberno Provincial de xeito totalmente gratuíto. Esta iniciativa en impulso da música folk contempla 5 actuacións musicais na Capela de Santa María, dende o 3 ata o 24 de marzo.
García Porto avanzou que participarán nesta programación “Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre presentando o seu último proxecto; Carme Penín co seu espectáculo Herdeiras; os lucenses Tango en Xanx3iro; Os d´abaixo que presentan o seu segundo traballo; e por último Triad con Dónal Lunny ao fronte que actuou con artistas tan relevantes como Mark Knopfler”.
A Deputada explicou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por este tipo de actividades coas que achegamos de xeito gratuíto unha programación musical de primeiro nivel a todos os lucenses, promovendo e difundindo o traballo dos artistas galegos. Ademais, con este tipo de iniciativas lúdico-culturais dinamizamos a vida social e cultural na cidade”.
Todos os concertos terán lugar na Sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. As entradas, que son totalmente gratuítas, poderanse recoller na propia Capela de Santa María. Máis información: www.deputacionlugo.org ou 982 21 00 66.
Exposición “Frauen” do fotografo Peter Schneider
Paralelamente na Capela de Santa María haberá unha exposición do fotografo Peter Schneider, baixo o titulo “Frauen” (Mulleres). Esta mostra recolle a obra deste autor afincado en Lugo, que xurdiu tratando de encontrar coa fotografía os sentimentos das mulleres.
Encontro con TRIAD
O día 24 de marzo, na Capela de Santa María, os seguidores do grupo irlandés TRIAD teñen unha cita cos compoñentes da banda, xa que manterán un encontro cos seus seguidores. As prazas para este evento son limitadas, a inscrición realizarase a través do seguinte correo; info.centrad@deputacionlugo.org
Programación
– Sábado 3 de marzo: Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre presentan Noró, algunhas músicas do Norte, que pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular. Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música popular no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc. Neste proxecto participan Javier Álvarez co acordeón diatónico, Gutier Álvarez co violín e a zanfona, e as Adufeiras de Salitre con percusión e voz.
– Xoves 8 de marzo: O Goberno da Deputación celebra o Día da Muller co concerto de Carmen Penín co espectáculo Herdeiras. Segundo a propia artista, Herdeiras, é un proxecto quere contribuír á difusión do papel das mulleres na época da guerra civil e a posguerra, resaltando o seu valor e resistencia, o seu compromiso e solidariedade. Quere tamén destacar cómo as mulleres actuais estamos en débeda con elas, que loitaron por un mundo no que ser muller fose máis doado; coñecelas axuda a construír a nosa identidade actual, dende o orgullo e o sentimento de pertenza. Quere facer tamén un chamamento á unidade e á empatía entre todas as mulleres, independentemente do seu lugar de procedencia. E por último, pretende chamar a atención de toda persoa demócrata sobre a Memoria Histórica como vehículo de reconciliación e xustiza.
– Sábado 10 de marzo: actuación de Tango en Xan3iro, que está formado por: Marisa Dapereira no acordeón, Patricia Coucheiro na voz, Xosé Ramón Saborido no clarinete baixo e Bruno Villamor na zanfona, gaita e requinta. Catro fontes de harmonía que conflúen case por casualidade no Berce do Miño dan lugar a Tango en Xan3iro, a finais do ano 2015. Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.
– Sábado 17 de marzo: A banda folk Os d’Abaixo está formada, entre outros, por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Presentan nesta actuación Quixera ser dos paxaros, o seu segundo disco, composto por temas case todos inéditos, provintes dun grande traballo de investigación, ao que tamén se adica a banda. Un disco máis intimista onde o compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.
– Sábado 24 de marzo: Dónal Lunny, Pádraig Rynne e Sylvain Barou forman o grupo irlandés Triad. Lunny é membro fundador de bandas como Planxty, The Bothy Band, Moving Hearts and Coolfin. Lunny, actuou con artista como Mark Knopfler, estivo á vangarda da evolución da música tradicional irlandesa durante máis de trinta e cinco anos e participou no renacemento da música tradicional irlandesa nese período de tempo. Rynne é membro fundador de Guidewires e está involucrado en moitos proxectos innovadores de nosa era moderna da música irlandesa, e Barou ao que se lle atribúe o axudar música bretoa a evolucionar coa súa xeración, tamén foi membro fundador de Guidewires.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



