Barreiros, 19 de febrero de 2018. O restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, organiza o seu segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns os días 3 e 4 de marzo de 2018, sábado y domingo. Neste evento colaboran, dando a coñecer os seus traballos, outras trece empresas: Decoraciones Pura, de Foz y Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.
O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado o sábado 3 de marzo ás cinco da tarde e todos os asistentes serán obsequiados cun viño español de 19:00 a 20:00 horas. Ademais sortearase unha fin de semana nun hotel da Toxa.
O domingo 4 de marzo o evento estará aberto desde as doce do mediodía e ás seis da tarde haberá un pase de modelos a cargo de Catycris, Peluquería Cid, Centro Estético Coida de Ti, Óscar Rodríguez Joyeros e Floristería Sefa. Será presentado pola actriz Estíbaliz Veiga. Ás 20:00 horas sortearanse 3 ceas para dúas persoas e a clausura será cun vino español.
A entrada, tanto o sábado como o domingo, será libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.
O showroom foi presentado polos organizadores, os responsables do restaurante O Asador, de Barreiros, e o portavoz, Amable Terrón Rouco, explicou que “o sábado inaugurará o evento o alcalde de Barreiros ás cinco e ese mesmo día faremos un sorteo dun fin de semana nun hotel da Toxa entre todos os asistentes que pasen polo showroom. O domingo, día 4, abriremos o evento a partir das doce e ese é o día forte. Temos un pase de modelos, acto no que hai dous anos houbera moita xente; será a partir das seis da tarde e presentarao unha coñecida actriz veciña de aquí, que é Estíbaliz Veiga. Despois, ás oito da tarde, coincidindo coa clausura, faremos un sorteo de tres ceas para dúas persoas e pecharemos cun viño español”.
Amable Terrón engadiu que “a entrada é gratuíta. Esperamos que toda a xente que queira, simplemente por curiosidade ou porque ten un evento nas próximas datas, pase a vernos. Isto está pensado para que todo o mundo que queira vir a ver como se desenvolve, qué tendencias hai agora mesmo en banquetes, non só de vodas, e para coñecer as nosas instalacións, evidentemente. Están todos convidados, non soamente os que teñan un banquete nas próximas datas, senón polo que poidan ter no futuro ou simplemente para unha toma de contacto e coñecer as instalacións”.
O voceiro do restaurante O Asador lembrou que “para a primeira edición xurdiu a idea, pois por aquí non se facía nada disto, e quedamos bastante contentos; por iso decidimos repetir. De feito a xente pensaba que íamos facelo cada ano pero nós cremos que cada dous é bastante, tanto por novidades como por organización”.




















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



