Está de actualidade o Antroido de Ribadeo polo ocorrido na Queima, celebrada o pasado sábado, porque resulta que o primeiro ano que o Concello é partícipe directo na organización desta festa xa xurdiu un problema porque o alcalde sacou as cousas de contexto, pois se algo ten o Antroido é mofa.
O alcalde usa unha vara de medir telescópica, que é diferente para uns e para outros, pois o ano pasado queimouse un Antroido coa bandeira dos Estados Unidos e hai uns anos ata se queimou outro cunha bandeira galega. Nós tamén estamos en contra de que se queimen bandeiras, pero neste caso non era iso, era un puro adorno que se quixo sacar de contexto.
Dicimos dime de que presumes e direiche de que careces porque desde a oposición notamos unha falta total de comunicación e de diálogo por parte do alcalde e do resto do goberno municipal. Vemos esta actuación súa como algo absolutista e ditatorial, que nos recorda a outros tempos nos que había censura. E neste asunto o señor Fernando Suárez actuou desa maneira, con censura, sen contar nin sequera coa outra parte na organización do Antroido. Foi un ordeno e mando do alcalde. E preguntámonos se non o faría así realmente porque apoia a Puigdemont e as súas decisións.
A falta de diálogo é algo habitual por parte deste goberno local, non só coa oposición senón que tamén actúan da mesma maneira coas asociacións, que se queixan porque non teñen en conta para nada as súas peticións.
Nós, como principal grupo da oposición no Concello, botamos moito en falta que cando se van tomar decisións importantes para Ribadeo non se convoque polo menos unha xunta de portavoces, para poder dar a nosa opinión. Temos un exemplo recente de que non se fai así: a aplicación da lei de montes da Xunta de Galicia por parte do Concello, sendo o primeiro da provincia de Lugo polo menos en tomar esta medida. Cremos que antes debería ter convocado unha reunión de portavoces para poder dar a nosa opinión porque na comisión forestal autonómica este asunto está moi verde aínda e non se sabe o que se vai facer. Pero aquí o Concello de Ribadeo xa está ameazando con sancións aos propietarios dos montes, o que nos parece lamentable.
Pero este caso é só un de moitos, porque en numerosas ocasións coñecemos as decisións que toma o alcalde pola prensa, pois aínda que somos membros da corporación municipal non recibimos información de moitos asuntos xa que este equipo de goberno actúa de forma absolutista. Como son dez concelleiros, ou incluso podemos dicir que once, fan o que queren, sen contar para nada coa opinión da oposición.
Esta forma de actuar habitual do alcalde, prepotente e ditatorial, quedou moi patente co que fixo o sábado da Queima do Antroido.
Outro exemplo desa actitude é que no balcón principal da Casa do Concello, que é a casa de todos os ribadenses, hai un pancarta partidista que leva colocada alí varios meses. E temos que aguantarnos todos os veciños, os que están de acordo e os que non, porque a puxo o equipo de goberno, que fai o que realmente lle dá a gana.
Temos un goberno municipal que presume de ser de esquerdas, de transparente, de respectar a opinión da cidadanía, pero o que vemos é todo o contrario: absolutismo, autoritarismo e falta de democracia. Cada vez queda máis claro que en Ribadeo faise o que o alcalde di única e exclusivamente, caia quen caia. E incluso chega ao extremo de non permitir a liberdade de expresión en actividades festivas e lúdicas, como acaba de ocorrer no Antroido.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



