Lugo, 24 de febreiro de 2018.- Os socialistas lucenses celebraron este sábado o I Congreso Provincial tras o 3º Congreso no que foi ratificado o nomeamento de Álvaro Santos Ramos como primeiro Secretario Xeral elixido en primarias e se constituíu a nova Executiva. Máis de 150 persoas se deron cita neste encontro logo de terse ampliado ao máximo o numero de delegados por agrupacións municipais para unha maior participación e transparencia no partido.
Deste xeito, Santos Ramos informou sobre o traballo levado cabo nos “últimos 2 meses e 2 días”, dende a integración da Executiva Provincial Socialista, apuntando que “o primeiro foi impulsar a renovación das executivas locais e o nomeamento de todos os delegados”, tendo “a organización preparada de cara as vindeiras eleccións municipais de 2019”, así como “avaliar a conxuntura na que nos atopamos”.
Neste senso, o Secretario Xeral informou sobre a elaboración dunha “enquisa sobres aspectos da sociedade” e detallou que “os nosos veciños non senten que a recuperación económica da que se fala repercuta nas súas vidas. Están preocupados principalmente pola situación de desemprego, da falla de oportunidades económicas condicionada polo abandono das infraestruturas e polo desmantelamento da sanidade pública. Recoñecen o traballo que os socialistas fixemos e estamos a facer no conxunto da provincia. Non perdemos fuelle electoral senón que recuperamos espazo e marcamos a axenda política da provincia mentres o Partido Popular cae e outras formacións políticas non conseguen asentarse na provincia”.
Santos Ramos destacou que “durante estes 2 meses, traballamos para situar as preocupacións e demandas dos nosos veciños no centro da actividade” e detallou o traballo levado a cabo en defensa de hemodinámica 24 horas e da mellora das infraestruturas e conexións coa provincia.
“Avaliamos o recorrido xudicial que podería ter o desprezo e o incumprimento do Partido Popular con hemodinámica e provocamos a ampliación deste servizo”.
“Expuxemos e denunciamos o abandono no que se atopan cada unha das infraestruturas do Estado na nosa provincia, situando este asunto capital para o desenvolvemento da nosa provincia e que repercute na situación desa falla de oportunidade e de emprego pola que están preocupados os nosos veciños no epicentro da actividade política. Conseguimos que as estruturas estatais condicionen o seu apoio a un pacto de infraestruturas a que a provincia de Lugo estea incluída, pois o Goberno Central non nos ten en conta”.
“Acadamos que Portugal se sume á nosa proposta de que Monforte sexa o nodo loxístico ferroviario do noroeste peninsular, defendendo no Eixo Atlántico o plan de transporte de mercadorías que o Partido Socialista acadou no 2010 e que o PP fixo desaparecer”.
“Sumamos os esforzos das dúas plataformas en defensa da sanidade pública que hai na provincia para defender no seu conxunto a sanidade pública da nosa provincia ante o desmantelamento que está a levar a cabo o Partido Popular dende a Xunta de Galicia”.
“Estamos a avaliar polo miúdo o maltrato que o PP dende a Xunta de Galicia ten sometido aos Concellos da nosa provincia, discriminándoos na distribución de fondos autonómicos a través de convenios totalmente arbitrarios”.
O Secretario Xeral informou sobre outros asuntos nos que está a traballar a Executiva Provincial, atendendo á “base demoscópica”, como “a sensación de inseguridade de moitos veciños, especialmente de zonas rurais”.
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



