A actividade enmárcase nas fins de semana tecnolóxicas que leva a cabo Apaga. Catorce foron os asistentes da Mariña (técnicos de empresas como Carrocerías Hermanos Rega, de Alfoz; Talleres Cartoy, de Ribadeo; Ángel Vizoso, de Ferreira do Valadouro e da Cooperativa Os Irmandiños) así como un profesor do IES María Sarmiento e outros tres que están á espera de destino. Este curso desenvolveuse nas instalacións de Talleres Cartoy e foi impartido por Andrés Álvarez López, profesor en Avilés, que xa a fin de semana pasada ofreceu os seus coñecementos teóricos e prácticos sobre a soldadura de electrodo revestido. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, anunciou que o vindeiro 10 de marzo terá lugar un curso de soldadura TIG. O prazo de inscrición xa está aberto.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



