Burela 7-3-18. A lusa Jennifer Santos Rodrigues, máis coñecida como Jenny, foi presentada oficialmente esta mañá na sede burelista, na compaña do presidente, Manuel Blanco, e do secretario, José Dovale. “O Pescados Rubén Burela FS é un dos mellores equipos que hai en España e a liga española é un dos campionatos máis respectados do mundo” confesaba a nova 9 laranxa, que xa estará á disposición de Julio Delgado e Lucas para saltar á pista a vindeira xornada.
Esta será a súa segunda experiencia deportiva fóra de Portugal, despois de comezar a tempada na Seria A italiana, co Pescara. “En termos de intensidade hai máis diferenza entre o fútbol sala español e o portugués, co italiano non tanto. Tamén é máis competitivo o español, con 4-5 equipos en pugna polo título” analizaba así a súa bagaxe Jenny, cun novo reto por diante que afronta con ilusión e afán de superación: “Espero aprender o máis rápido posible para poder axudar o equipo nesta recta final. Espero evolucionar e chegar o máis lonxe posible, espero que a axuda entre o equipo e eu sexa recíproca. Creo que podo medrar neste equipo, sobre todo a nivel táctico porque hai xogadoras moi boas; para min Cilene é unha referencia, é unha das mellores xogadoras que vin”, explicaba a nova ala laranxa, de 25 anos, que recalou na Mariña o domingo.
A portuguesa, que xa se incorporou á dinámica do equipo ao comezo da semana, chega co “un contra un e raza en defensa” como as súas mellores armas. “Só coñecía de vista a Sara Correia, enfronteime nun partido a ela. Gústame moito o equipo, pola unión que ten” transmitía así as súas primeiras sensacións Jenny.
Manuel Blanco e José Dovale aplaudiron a chegada da 9 laranxa como “un reforzo prometedor para seguir pelexando por grandes soños nesta excelente tempada”.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
