Foz, 20 de marzo de 2018. Unha das mocións que defenderá o BNG AA de Foz neste mes de marzo, e que ademais tamén irá en todos os Concellos onde o BNG AA ten representación, quere amosar o apoio ás traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza nas súas reivindicacións de dereitos laborais e emprego.
“Queremos instar á Xunta de Galiza a retomar as negociacións no marco do Consello Galego de Relacións Laborais cos representantes das traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza”, sinalan as concelleiras nacionalistas.
Os traballadores e as traballadoras da Administración de Xustiza de Galiza suman xa mes e medio de folga indefinida, que iniciaron o 9 de febreiro, reclamando condicións salariais e laborais que non os discriminen, contra os recortes e en defensa dunha Administración de Xustiza áxil e moderna. Trátase dunha medida extrema á que se chega logo de esgotar todas as vías posibeis de negociación e como resposta á prepotencia, soberbia e cerrazón da Xunta de Galiza. A folga conta cun seguimento masivo e co apoio dos sete sindicatos representativos do persoal. Tamén as dúas manifestacións convocadas en Compostela, o 25 de xaneiro e o 24 de febreiro, contaron con un apoio masivo dos traballadores e traballadoras.
A convocatoria dunha medida tan extrema como unha folga indefinida, e o apoio masivo co que conta, hai que enmarcala no deterioro continuo dos servizos públicos, no empeoramento das condicións laborais, e nos continuos recortes de dereitos ao que levaron as políticas regresivas, reaccionarias e centralizadoras do PP no goberno do Estado e na Xunta de Galiza. Existe un malestar xeralizado nos empregados e empregadas públicos, que mentres que noutros sectores está latente, no caso da Xustiza cristalizou en medidas contundentes de carácter reivindicativo, mobilización e loita. Cómpre valorar pois a importancia da capacidade de mobilización que está a manter este sector en contra da Xunta do PP.
A Xunta de Galiza e o PP, por boca de Feijóo e de Rueda, intentan trasladar á opinión pública que a única motivación deste conflito é unha mera reivindicación de mellora salarial, que se trata dun sector privilexiado (función pública) e que rexeitan unha “xenerosa” oferta de suba salarial. Tratan con isto de poñer á xente en contra e culpar a sindicatos e persoal da Xustiza das conscuencias negativas da folga.
Os traballadores e traballadoras do sector da Xustiza en Galiza están sendo reiteradamente discriminadas na retribución do complemento transitorio con respecto ao resto do persoal do Estado, cunhas diferenzas salariais acumuladas no período 2013-2017 que poden variar entre os 4.000 e os 10.000 euros, dependendo do corpo ao que se pertenza. Por iso, unha das demandas é a subida do complemento transitorio autonómico, retirado das pagas extraordinarias polo Goberno de Feijóo, durante estes últimos catro anos.
Reclaman ademais a retirada do desconto que se lle aplica ao persoal da administración de xustiza en caso de IT, pero que non se aplica a xuíces e xuízas, fiscais ou letrados/as, así como a negociación do pagamento do 100% das substitucións, pois a diferenza do que pasa noutras autonomías, en Galiza o persoal que cubre un posto en substitución vertical non cobra a totalidade do posto que ocupa.
Solicitan igualmente que se negocie un plan recuperación das 106 prazas amortizadas en 2013 e que afectaron especialmente aos xulgados do contencioso, de paz, de familia e ás audiencias provinciais, o que supuxo un incremento substancial da carga de traballo e atrasos, e as centrais sindicais piden a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos de duración, comprometida pola Dirección Xeral de Xustiza.
Con máis de tres mil xuízos suspendidos e unha folga indefinida que está a provocar un grave prexuízo nun servizo fundamental, faise necesaria unha negociación real que busque unha solución a un conflito que afecta a miles de cidadáns no noso país.
A pesar das demandas do comité de folga da interlocución do Consello Galego de Relacións Laborais, que foi o único lugar onde se deu un certo avance nas negociacións e que foi eliminado da mesa de negociación tras a entrada na mesma da Consellaría de Facenda, que permita desbloquear o conflito, a Xunta négase a aceptar a mediación, continuando nunha actitude total de cerrazón que a amosa incapaz de negociar co fin de chegar a acordo.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



