Lugo, 23 de marzo de 2018. O Executivo da Deputación aprobou hoxe en Xunta de Goberno novas axudas de 470.000 euros para clubs lucenses de Primeira e Segunda División Nacional. Así o informou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que explicou que “trátanse das axudas dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. Estas últimas son o CD Lugo e o CB Breogán coas que, como na pasada anualidade, se asinará un contrato de patrocinio, beneficioso tanto para os clubs como para o conxunto da provincia”.
Rivera Capón subliñou que “hoxe aprobamos as bases que rexerán a concesión destas axudas, ás que poden concorrer o Burela FS Pescados Rubén, o Prone Lugo FS, o CB Durán Maquinaria Ensino, o CV Emevé e o Perruquería Mixta Friol. Estas bases, que incorporan criterios obxectivos e sociais, publicaranse previsiblemente a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación no BOP”.
O Deputado lembrou que estas axudas van dirixidas a continuar sendo a Deputación galega que máis inviste en deporte na provincia, tal e como apuntan os medios especializados. Rivera Capón explicou que a de Lugo é a terceira Deputación de todo o estado que mais inviste por habitante, superando os 12,90 euros.
Fomento do deporte base e feminino
Os beneficiarios das axudas de concorrencia non competitiva, poderán solicitar un anticipo do 80%, e, como novidade, os clubs poderán destinar ata un 30% da axuda á financiar gastos federativos, ou de transporte das categorías inferiores. “Todo isto dentro da nosa aposta por potenciar e colaborar co deporte bases”, apuntou.
Criterios obxectivos e sociais
As bases que rexen a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva incorporan criterios obxectivos e sociais á hora de conceder as axudas. Deste xeito, para concretar a contía da subvención introdúcense algunhas pautas como os anos de historia do club. Tamén se valora a actividade social que desenvolve na provincia, co fin de ir máis aló do estritamente deportivo. Outro dos puntos fortes ten que ver co apoio ao deporte de base, o que supón unha petición expresa dos propios clubs, premiando ás entidades que fomenten o deporte entre os máis pequenos.


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
