Como din, cando está de saír mal, sae mal e punto. Así están pensando esta semana en Génova 13 e tamén en outros cuarteles xerais de outras cores.
No relativo a Cataluña, xa vemos como dende os estados socios europeos, Alemaña e Escocia, están emendando a plana xuridicamente a todos eses “homes de estado” que estaban a punto de facerse o seppuko pola grande afrenta do proceso catalán. Os mesmos que, seguindo unha mala versión de “el arte de la guerra” desbotaron calquera posibilidade de negociación e dialogo, finiquitando a bilateralidade. Cada día están máis cerca de ter que aplicar o Hagakure, se fosen dignos e valentes, que non o son, son tramposos e torticeiros. Queda camiño de desgustos neste conflito para o bloque conformista coa constitución, imos vendo. Para acabar rematando nun acordo que podía ter xa meses de percorrido e que serguro era bon para todos.
En Genova 13, teñen un problema cos titúlos, están enfadados con Ikea. Mercas un marco de oferta e pensas o que pode quedar ben, pois un máster que sempre viste, e ó final acaba nunha apertura de dilixencias pola fiscalía, iso si despois de unha serie de comparecencias dignas do cine de humor francés e os seus enredos. Aínda que coido que onde máis preocupa isto é na sede da rúa Alcalá, esa de cores laranxas, no tema de Cifuentes van ter que posicionarse, complicado moi complicado posicionarse non está no seu ADN.
Mentres en Galicia os conselleiros, piqueta na man, están anunciando a construción de fragatas en Ferrol, como se os orzamentos de M. Rajoy non tivesen que ser aprobados, que cara máis dura. Menos mal que algúns comprometidos con Galicia foron a Bilbao falar das fragatas co PNV, que son os que mandan, e seguro que o Comité de Navantia coñece quen move ficha, imos vendo.
Valle Inclán estaría disfrutando con este esperpento, a realidade supera a ficción: Parlamentos sen prazos, políticos en cadea, Estados corrixindo ó reino de España, títulos que non son, firmas que non son, grandes de España pedindo señoríos contrarios a lei, reinas a salario público enfrontadas, bandeiras a media asta na semana santa, conselleiros soldadores, conselleiros contrapiquetes en folgas, escacha retrovisores aforados, dimisións que non chegan, aves que non chegan e socialistas con fotos de Kennedy no despacho como exemplo de “SOMOS LA IZQUIERDA”. Como di alguén que coñezo, imos morrer todos.
Menos mal que a xente ten sentidiño e debemos traer dignidade á política, a ver se somos quen de levalo á práctica entre todos e todas, Galicia precísao.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



