Ribadeo, 7 de abril de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, agradece a viaxe a Lugo dos concelleiros do equipo de goberno, da maioría dos partidos da oposición e dos representantes das asociacións veciñais que onte se desprazaron ata a Deputación de Lugo para seguir de cerca o pleno no que se ía abordar o futuro da nova residencia de maiores. Barcia subliña que será a Xunta de Goberno da institución provincial a que a vindeira semana dea luz verde ao convenio asinado hai uns días polas dúas administracións e que toca seguir traballando conxuntamente e superando “os obstáculos que nos poñan”.
O rexedor explicou que “fomos para Lugo moi preocupados e moi decepcionados polo que esperabamos que pasase no pleno da Deputación, onde se xogaba o futuro do noso soño colectivo: a residencia de maiores. Pero agora vimos de volta moi esperanzados e moi ilusionados porque outra vez mais, e xa van varias, que a razón, a legalidade e o sentidiño permite manter o proxecto dunha residencia cuns servizos de primeira, preferentemente para @s nosos veciñ@s e a uns prezos acordes cos seus ingresos”
Suárez Barcia dixo: “parece ser que todo isto molesta. Molesta moito aos que non queren que isto vaia adiante. Alegrámonos moito coa actuación do goberno da Deputación e dos deputados que apoiaron estes Convenios bilaterais (entre Concello e Deputación) para honra non nosa, senón dos nosos paisanos e paisanas maiores que queren pasar os seus derradeiros anos preto do seu entorno, preto da súa familia”.
Para o alcalde “tamén quedaron retratados, vaia se quedaron os que en Ribadeo votan unha cousa e ao mesmo tempo en Lugo pretenden votar o contrario. Pero a xente debe sabelo. ¡Vaia se o debe saber! Chamei a todos os grupos para que nos acompañaran a presenciar o debate, ¿lembrades? Pois foron concelleir@s de todos os grupos, do goberno e da oposición, de todos, menos dun. A foto ilustra ben os que están e os que faltan”.
Suárez Barcia engadiu: “xunto cos meus compañeir@s de goberno quero valorar publicamente o apoio de Marta Saiz de Ciudadanos, e de Aurora González do PSOE, así como dos representantes das Asociacións Veciñais que estiveron mirando aos ollos dos que quixeron deixar a residencia de maiores de Ribadeo malparada”.
O rexedor ribadense subliñou que “agora toca que a Deputación aprobe para a semana que vén, non no Pleno, senón na Xunta de Goberno, onde si ten maioría para sacar adiante estes marabillosos, legais e progresistas Convenios, entre eles o da nosa residencia de maiores. E toca seguir traballando conxuntamente Concello e Deputación para seguir tirando polo carro e sabendo que aínda haberá mais paus nas rodas, seguro que os haberá. Pero habemos superalos e habemos sortear todos os obstáculos que nos poñan. Non lles temos medo cando temos a razón, a legalidade e o calor de moita boa xente da nosa parte. Boa fin de semana e que viva Ribadeo. Saúde e terra”.
Fernando Suárez dirixiu tamén a seguinte mensaxe final: “para todos os que vos empeñades en poñer trabas ás cousas boas que se fan pensando na xente maior, quérovos dedicar a letra da canción que vai no enlace, especialmente o estribillo. Venvos moi acaída.
Mais aínda seguimos aquí
a aturar tempestades de sal,
resistindo a violencia de mans
desas serpes e cans que nos queren calar.
Compañeiras nos soños do Edén,
unha illa no medio do mar,
que iluminan o loito máis negro,
que esquece o desterro e o medo a loitar”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



