A Mariña, 10 de abril de 2018. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, asistirá o vindeiro venres, 13 de abril, ao acto de entrega dos Premios Coopera Galicia 2017. A Mancomunidade obtivo o segundo galardón, dotado con 25.000 euros, polo seu proxecto Catuxa que estará directamente enfocado aos 11 IES da comarca da Mariña para sensibilizar ao alumnado sobre a violencia de xénero. O acto de entrega desenvolverase a partir da unha do mediodía no hotel monumento mosteiro de San Clodio, en Ourense.
Alfredo Llano contou que “o próximo día 13 vou ir a recoller os Premios Coopera Galicia para entidades locais do ano 2017, nos que nos foi concedido o segundo premio, que está dotado con 25.000 euros. Ven ser a continuidade do que fixemos xa e polo que recibimos o primeiro premio neste tipo de programas Coopera referido á violencia de xénero. Fixéramos unha boa actuación e gañamos o primeiro premio con 40.000 euros na pasada edición. Agora participamos nesta nova edición cun programa de sensibilización sobre A violencia de xénero e igualdade entre mulleres e homes con impacto transversal, integral e sistémico destinado á poboación adolescente”.
O presidente da Mancomunidade explicou que “este programa, ao que lle chamamos Catuxa porque son as iniciais de coeducación, aprendizaxe transversal, unidade de xénero e adolescencia, imos enfocalo directamente aos centros educativos, aos once IES que hai na Mariña, e imos procurar levar este programa para sensibilizar á adolescencia sobre este tema tan preocupante como é a violencia de xénero. Imos empregar as novas tecnoloxías para procurar que chegue a todo o mundo, e vai ser un pouco continuidade daquel outro que fixemos hai dous anos, que tivo bastante éxito e realmente foi meritorio aplicar dende a Mancomunidade, como entidade supramunicipal que debe tratar de acoller este tipo de actuacións de xeito que entre todos os concellos procuremos axudarnos para que a violencia de xénero sexa algo superado”.
O tren da costa
Respecto á situación do tren Alfredo Llano lembrou que “hai uns días tivemos unha reunión en Moeche sobre o tren. Xa teño opinado sobre o que penso e o que vemos que ocorre co tren de Feve e o ancho métrico por toda a zona da Mariña, aínda que case hai que dicir por toda a zona galega desde Ferrol, Ortegal e A Mariña ata Asturias. Vemos que é un servizo que se vai deteriorando, que non se aposta forte por el, que non se ten en conta para o desenvolvemento integral da comarca da Mariña”.
O presidente da Mancomunidade indicou que “teño información, que vou estudar, sobre aspectos como os trens turísticos dos faros que é unha modalidade de trens para A Mariña e para Ortegal, que van parando en diferentes puntos e a través de autobuses achéganse a diferentes concellos. Imos estudar a posibilidade de polo menos aproveitar eses trens turísticos da Ruta do Faros para diferentes Concellos da Mariña. Estamos vendo a proposta que se nos fai desde Renfe e tratar de aproveitala. Imos ver se o solicitamos, unha vez que teñamos a reunión do pleno da Mancomunidade, e a ver se nos acollemos algún dos Concellos da Mariña a esta Ruta dos Faros”.
Alfredo Llano engadiu que “nesa mesma reunión falei cos técnicos da Xunta, sobre todo cos de mobilidade, sobre a necesidade de amañar a estación do tren de Burela posto que está moi deteriorado o chan, polo menos, na estación de autobuses, o asfaltado na zona onde aparcan os autobuses. Hai un compromiso desde a Xunta de reparar este asfaltado que fai moita falta repoñer inmediatamente na nosa estación. Estamos agardando a que nos dean noticias porque quedaron de avisarnos para vir facer as obras”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



