Burela 19-4-18. Este fin de semana, a Policía Local de Burela inicia unha campaña de detección de drogas en condutores de vehículos no centro urbano. Esta proba complementa á de detección alcohólica que se realiza desde hai anos por parte deste Corpo.
Devanditos controis son fundamentais na prevención de accidentes e en mellorar a seguridade viaria. No ano 2017, ao redor do 40% dos falecidos en accidente de tráfico arroxaron resultados positivos en alcol ou algunha droga.
A proba en si consta de duas partes. Un primeiro test indiciario en saliva a través do cal se comproba se existe presenza ou non dalgunha droga ou substancia tóxica, e unha segunda recollida de mostras, tamén saliva, que se remite a un laboratorio homologado no que se analizan un total de 21 substancias, e determina finalmente cales están presentes e a súa concentración .
Ao contrario que nas probas de detección alcohólica, non existe unha taxa para superar, senón que a condución dun vehículo ou bicicleta coa simple presenza no organismo de drogas ou substancias tóxicas presupón a comisión dunha infracción administrativa, cuxa sanción supón unha multa de 1.000€ e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, no seu caso.
Se ademais a presenza destas substancias supón unha influencia na condución, pódese cometer un delito tipificado no art. 379.2 do Código penal, castigado con pena de prisión de 3 a 6 meses, ou multa de 6 a 12 meses, ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en todo caso, a privación do permiso de conducir por un tempo superior a un ano e ata 4 anos.
Os suxeitos obrigados a someterse ás probas de detección de drogas así como as consecuencias da negativa para someterse ás mesmas, son idénticas ás das probas de detección alcohólica.
Desde a Policía Local de Burela agradecen á asociación UGPOL (Unión Galega de Policías Locais) a súa colaboración, achegando o primeiros test así como protocolos de actuación, actas e estatísticos a elaborar na campaña.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



