A electricidade non é un invento, senon un descobremento. Querse decir que é un fenómeno natural, fonte de enerxía, que sempre existíu. O home aprendeo a coñecela e a aproveitala; creou máquinas para producila e utilizala ó seu antollo e inventou, e segue inventando, aparellos que funcionan grazas ós efectos eléctricos , dende a bombilla ás computadoras.Todo isto levouse á práctica nos últimos douscentos anos, a pesares de que as primeiras sospeitas sobre a enerxía invisible data de hai 2500 anos, o tempo dos gregos. O termo “electricidade” ven, precisamente do grego “electron”; pero a historia que coñecemos comezou en 1800, cando Volta inventou a pila eléctrica.
Cen anos despois empleábase en oficinas, lugares públicos e vivendas; pero as primeiras lámparas, de mediados do S. XIX, tiñan unha vida moi curta. Cando Swan en Inglaterra e Edinson en EE.UU. encararon o problema, xa contaban con bombillas moi perfeccionadas, e as primeiras compañías eléctricas naceron para suministrar corriente para o alumeado.
A Foz chegaría éste uns 30 anos despois do invento de Edison, pois na acta do pleno do concello do 4-8-06 dise: “A Corporación Municipal informa ó Sr. Enxeñeiro-Xefe do Obras Públicas de Lugo que o concello ve con gusto que don Xosé Reimunde transporte do alto da Cazolga a enerxía necesaria para o alumeado público, e doutras industrias”.
O 21-4-07 lese: “O alcalde acctal., don Ramón Doce, da lectura á instancia de don Ramón L. Castiñeira, arrendatario da forza motriz para dotar de enerxía eléctrica á nosa vila; e acórdase concedela, para tender a rede e suministrar de luz ó vecindario”. Tardaria un ano,pois o semanario “Mondoñedo” do 8-5-08, en escueta nota dí: “Hai dous días inaugurouse nestas vila – Foz – , con grande éxito, o alumeado eléctrico, producido pola fábrica do Sr. Reimunde”.
Hai, pois, 110 anos que os focegos difrutamos deste transcendental servizo… Por aquelas datas Xesús Cageao, o histórico e popular “Papaíto”, anunciaba no xornal a súa fonda “La Primitiva”, coa primicia de que contaba “con luz eléctrica en todas las dependencias”, así como “con automóvil y casetas en la playa para servicio de los huéspedes…”. Cageao foi, posiblemente, o focense mais emprendedor, dinámico e imaxinativo; polifacético, e mais xeneroso da súa historia. Él era, sen dúbida, un adiantado ós tempos… .Cando polos anos 50 do século pasado,finou, alguen escribíu: “Coa súa desaparición, Foz perde a memoria dos últimos 50 anos…”. Él fora o grande dinamizador daquela sociedade…




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



