San Cibrao, 19 de abril de 2018. A Asociación “Mar de San Ciprián” e o colectivo de persoas vinculadas á procesión do Carme da vila sancibrense están a promover a construción dunha nova anda para a Virxe do Carme. Esta nova anda, construída en sapelli e castaño, está a ser realizada por un experto tallista vivariense, e agárdase que poida estar lista para a procesión do presente ano.
Esta nova estrutura procesional será de maior tamaño que a actual, sumamente reducida nas súas dimensións e que facía perigoso o porteo da imaxe, e permitirá a integración de novos participantes, especialmente mulleres, a mellor distribución do peso da imaxe e un incremento da seguridade no tránsito das procesións.
Desde la Asociación “Mar de San Ciprián” buscaron asesoramento para o deseño da anda en expertos vinculados á Semana Santa viveirense e da parroquia local, alén de expertos en arte sacro e imaxinería. Na súa estrutura irán recollidos elementos que pretenden resaltar diversos detalles que aporten referencia ao pobo, á súa historia e ao seu patrimonio marítimo-pesqueiro. Asemade, e en clara correspondencia de relación coa propia procesión, tense incorporado os escudos do pobo e da Orde Carmelita.
Esta nova anda permitirá tamén dar relevo á imaxe da Virxe do Carmen que na actualidade e desde fai máis de cen anos preside as procesións, e que chegou ao porto sancibrense desde Barcelona, onde foi realizada polo escultor catalán José Quixal no ano 1909, sendo transportada ata aquí nun barco veleiro con porto base en San Ciprián e con tripulación tamén deste porto.
Esta nova estrutura de porteo conleva un desembolso de máis de 27.900 euros, que están a ser recadados entre diversas Administracións e organizacións públicas e relixiosas, empresarios, armadores, etc, así como entre a veciñanza da parroquia.
Para facilitar a achega de fondos por parte dos veciños, disponse dunha conta en ABANCA San Ciprián (ES85 2080 0160 4530 4000 7815) na que os veciños e veciñas podan realizar a súa aportación voluntaria.
Desde “Mar de San Ciprián” entendemos a condición deste proxecto en canto a que, aínda en parte enmarcado nun aspecto relixioso, tamén o está no cultural e etnográfico porque aumenta, resalta e pon en valor o noso patrimonio culturale e as nosas tradicións, especialmente nas relativas ao ámbito marítimo-pesqueiro.
A ASOCIACION “MAR DE SAN CIPRIÁN”
A asociación “Mar de San Ciprián” nace o 1 de maio de 2004 co obxectivo de recuperar, manter, conservar e dar a coñecer o patrimonio marítimo de San Ciprían e da comarca da Mariña Lucense.
Este colectivo estaba formado, nun principio, fundamentalmente por persoas ligadas ao mar, estando entre elas boa parte dos integrantes que xestionaron, promoveron e mantiveron vivo o Museo Provincial do Mar de San Ciprián.
Desde a súa creación esta Asociación ten participado en diferentes eventos e realizado varias exposicións relacionadas coa promoción e recuperación do patrimonio marítimo de San Ciprián e da costa da Mariña Lucense.
Desde fai 12 años, a Asociación Mar de San Ciprián, tamén se interesou na promoción e mellora das procesións do Carme sancibrense, facéndose cargo da súa organización. Para tal fin téñense realizado diversos cambios e a inclusión de elementos que a complementasen (bandas de música, uniformidade na vestimenta, organización de porteadores, etcétera) e que teñen dado un resultado moi satisfactorio, especialmente tendo en conta que na actualidade esta procesión se desenvolve dunha forma amplamente participativa, tendo sobre 80 persoas implicadas entre porteadores de imaxes e elementos procesionais.
SAÚDOS, MAR DE SAN CIPRIÁN.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



