Viveiro 2-5-18. O xoves 10 de maio arranca o VII Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán desfrutar de 10 tapas diferentes nos locais participantes.
Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras.
Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Arume Gastrobar con “Muiñeira de Lacón”
2.- Gastrobar Hotel Urban con “Cachopo de merluza con salsa americana”
3.- O Rincón do Tronco con “En la barca el chipirón come langostino”
4.- Asador La Quinta con “Canelón de rabo de vaca con crema al vino tinto, crujiente de parmesano y mosaico de verduritas”
5.- Mesón O Recuncho con “Solomillo a los frutos secos”
6.- El Garaje con “Tosta Celta”
7.- Bar Normandy con “Bacalao con palitos de tinta de calamar”
8.- Restaurante Casa Pepi con “Rollo meloso de carrillera con tierra de chocolate y verdura”
9.- Cornelius Taberna Gastronómica con “Entrecot de cachena con salsa Ancares”
10.- Restaurante O Muro con “Show Cooking O Muro”
Fora de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial ós seus clientes durante os días do concurso.
Os locais servirán as tapas tódolos días cun horario mínimo de 12:00 a 15:30 h e de 20 a 24h (a excepción do domingo que se servirán ata as 22h). En cada local participante, haberá “Tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “Tarxeta” na casilla correspondente ó seu local.
Os clientes poderán votar a tapa que máis lles guste e entrar no sorteo de 1.000€. Serán 2 premios distintos, por un lado 200€ para aquelas tarxetas que teñan un mínimo de 5 selos, e por outro, 800€ entre tódalas tarxetas que estean completas, é dicir, teñan 10 selos.
O voto poderase realizar ata o domingo 13 de Maio ás 22 horas, en calquera das urnas ubicadas en tódolos locais participantes.
Para os locais participantes haberá 3 premios:
– Mellor tapa popular: elixida mediante as votacións dos clientes.
– Mellor presentación: elixida por un xurado alleo ó evento.
– Mellor tapa según o Xurado: elixida por un xurado alleo ó evento.
O luns 14 de maio, a organización procederá ó reconto de votos, sorteo dos premios, e posterior comunicación ós agraciados e ós locais gañadores.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



