Burela, 2 de maio de 2018. Do 9 ao 13 de xullo Burela acollerá un novo campus de verán do CD Lugo para nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2011. Na presentación, que tivo lugar este mércores na capital da provincia, participou o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que agarda que o evento sexa un éxito.
O edil burelés explicou que “fomos invitados polo Club Deportivo Lugo á presentación do campus do CD Lugo que se vai celebrar por segundo ano en Burela. É unha cousa que nos enche de satisfacción que ese club elixa Burela para ampliar o seu ámbito de acción e para facer este campus. Será do 9 ao 13 de xullo. O ano pasado tivo moito éxito e esperamos que este tamén sexa moi exitoso. Seguimos colaborando co Club Deportivo como o estamos facendo desde o Concello de Burela e unha parte importante desa colaboración é debida ao grandes lazos de amizade que unen ao Porto de Burela co CD Lugo”.
O campus do CD Lugo consistirá en sesións de adestramento de fútbol, unha visita ao estadio Anxo Carro, piscina e actividades de tempo libre.
Liga Genuine
En Lugo Ramiro Fernández Rey mantivo outra xuntanza de traballo: “acto seguido tivemos outra reunión, sobre unha iniciativa que está poñendo en marcha a Liga de Fútbol Profesional. Chámase Liga Genuine, que se trata de darlle cabida tamén á xente con discapacidades mentais para que poidan participar nun torneo que organiza a Liga de Fútbol Profesional por mediación do Club Deportivo Lugo, que pediu colaboración á Fundación Eu Son, de cuxo padroado forma parte o Concello de Burela”.
O concelleiro de Deportes dixo que “en principio está empezando a andar a iniciativa, si que hai moi boa receptividade por parte de todas as asociacións coas que contactou o CD Lugo e a Fundación Eu Son tamén mostrou o seu desexo de participar nesta actividade. Trátase de facer un equipo de fútbol que neste caso levaría o nome do Club Deportivo Lugo e en principio a Fundación Eu Son vai aportar un número importante de xogadores a esa iniciativa, se ao final logra levarse a cabo”.
E engadiu que “o Concello de Burela vai colaborar en todo o que poida neste tipo de iniciativas. Vai contar cun campionato que vai disputarse por toda España. Este ano tivo lugar en Mallorca, en Villareal, en Vigo e noutros lugares. O Concello de Burela e a Fundación Eu Son tamén van estar aí intentando colaborar co CD Lugo. Esperemos que a iniciativa chegue a bo porto e que poidamos felicitarnos de que saia adiante”.
Ramiro Fernández Rey tivo palabras de agradecemento para o apoio e o traballo que está a realizar o responsable da Área de Deportes da Deputación, Pablo Rivera.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
