Lugo 5, maio, 2018. O Grupo Provincial do PP rexistrou un rogo dirixido ao presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, para que acometan dende a administración provincial, “de maneira urxente e inmediata”, as obras necesarias para o arranxo da estrada LU-P-0101.
En concreto, os populares explican que esta vía de titularidade provincial no seu punto quilométrico número 13 á altura do termo municipal de Alfoz, presenta un desprendemento no terraplén, o que motivou o afundimento da calzada e a rotura do firme.
Ademais, dende o PP engaden que o desprendemento do terraplén non só está a provocar danos na metade do ancho da estrada, senón que toda a amplitude da vía presenta gretas e buracos, coa presenza dun claro desnivel dado o afundimento que presenta.
Dende o Grupo Provincial Popular critican que o Goberno socialista da Depu-tación estea a desatender a petición reiterada de veciños e usuarios, así como do PP local de Alfoz, que demandan unha actuación urxente neste punto qui-lométrico. “O risco e a falta de seguridade son elevados tanto polo afundimento da estrada como pola mala sinalización e balizado desta zona”, critican os populares.
Polo tanto, dende o PP consideran necesario que de maneira urxente se corrixa a deficiencia que presenta esta estrada provincial “antes de que se poidan chegar a producir danos materiais ou persoais e mesmo poderíase chegar a ter que cortar a estrada xa que a situación posiblemente vaia a peor e a vía cada vez se deteriorará máis debido a que lle entrará auga ao núcleo do terraplén”.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



