Cervo, 5 de maio.- O Concello de Cervo vén de recibir o certificado de “Concello Emprendedor”, un título outorgado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fegamp por apostar polo fomento da implantación e fixación de empresas na Comunidade.
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que foi no pasado mes de febreiro cando aprobamos en pleno unha baixada de impostos co obxectivo de favorecer o fomento do emprego no municipio, subscribíndonos así ao protocolo Doing Business, que leva consigo a modificación de tres ordenanzas (ICIO, IAE, IBI) co fin de reducir as cargas administrativas para as empresas, bonificando a aquelas que xeren emprego.
De tal xeito que, tal e como explicou Villares, “as empresas que creen máis de vinte postos de traballo poden conseguir ata o 95% de bonificación nestes impostos; se crean entre 11 e 20 postos, cando menos o 75%, e pola creación de ata dez empregos, cando menos o 50% de dedución”.
Ademais, engadiu o rexedor, “falamos do apoio ao fomento de emprego de calidade, porque as empresas teñen que manter esas condicións durante tres anos polo menos, e desde o Concello estaremos vixiantes, supervisando que así sexa”.
Villares recordou que estas iniciativas veñen sumarse a outras que tamén estamos a levar a cabo no termo municipal nesta mesma liña, como poder ser, por exemplo, o Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico de Sargadelos que estamos a piques de poñer en marcha da man de varios mozos e mozas que presentaron os seus proxectos e que se instalarán proximamente nos locais habilitados.





















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



