Santiago de Compostela, 11 de maio de 18. O PP rexeitou hoxe en Comisión a proposta non de lei da portavoz de pesca socialista, Loli Toja, que solicitaba un estudo para os usos portuarios de actividades alternativas que fomenten novas actividades para a mocidade así como a desestacionalidade do turismo na rexión.
Explicou que a resolución de setembro de 2017 de Portos de Galicia limita o uso público dos portos a actividades relacionadas exclusivamente co ámbito mariñeiro. “Só pódense celebrar festas tradicionais, que están moi ben, pero están a deixar ao pobo a non saír das súas tradicións sen poder crear novas propostas que procedan da mocidade”, declarou Toja.
Dixo que a limitación do uso dos espazos portuarios para deportes náuticos é un uso “elitista” das instalacións xa que a maioría da poboación está “lonxe economicamente” de poder custearse este tipo de pasatempo.
Puntualizou que “as rendas son máis baixas no rural e os deportes náuticos están fóra do seu alcance” e, engadiu, “a xente non quere que ocorra como no pasado que quedaban mirando como outros de fóra utilizábanas”, declarou antes de sinalar que “o maior problema que ten Galicia é o PP”.
“Todo isto non é máis que una forma de gobernar, no que se regula de costas ás persoas que conviven, traballan e sofren o resultado desas regulacións, e ao final una boa parte dos seus esforzos destínanse á adaptación a esas novas regulacións que parecen provir do descoñecemento e do sectarismo de Portos de Galicia”, espetou a portavoz socialista.
Así mesmo, continúa, a limitación establecida por Portos “prexudica á poboación máis nova especialmente, e así non imos atallar o problema demográfico de Galicia”. Explicou que “isto non é unha teima particular, perdeuse nun ano 10.000 habitantes e a pirámide demográfica está altamente envellecida”, contestou a socialista aos deputados populares.
O espazo portuario forma parte da vida cultural dos municipios e negar isto é descoñecer a realidade galega, non se debería limitar á realización de actividades como saída dunha maratón, una btt, una concentración de coches clásicos ou una saída turística”, concluíu a socialista.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



