NOTA DE PRENSA
O BNG considera que o Plano é un exemplo do urbanismo a carta.
Veiga afirma que o Plano do Litoral clasifica 25.531 hectáreas de solo na Mariña.
A Xunta de Galiza anunciou onte que no mes de Maio vai proceder a aprobar inicialmente o Plano de Ordenación Litoral, para sometelo entre os meses de Xuño -Xullo a súa fase de alegación de cara a súa aprobación definitiva no mes de decembro. Segundo anunciou Antonio Veiga ”o BNG xa presentou nos Concellos Mariñáns afectadas polo mesmo unha moción ao efecto de que se constitúan comisións non permanentes do Concello Pleno que estuden o documento que será remitido aos Concellos no mes de Marzo”. O portavoz Nacionalista insistiu “que tal como fixeramos público na semana pasada o documento xa está aquí, polo que os Concellos deben facer agora os deberes se non queren hipotecar o desenvolvemento de determinadas áreas urbanísticas de interese, porque no Plano claro que se clasifica solo e evidentemente que se establecen prohibicións para usos residenciais que van máis alá das recollidas pola lexislación.”.
Segundo informa a Consellaría, o Plano de Ordenación do Litoralestuda un territorio de algo máis de 376.000 hectáreas, centrándose a xestión do plan nun ámbito de aproximadamente 212.164 hectáreas, o 7,2% da superficie da comunidade, o que implica un incremento de 131.501 hectáreas, respecto as 86.663 hectáreas que abarcan os 500 metros que establecía a Lei 6/2007, de medidas urxentes. Xa que logo o POL afecta a 84 Concellos , dos que 47 corresponden á provincia da Coruña, 10 á de Lugo e 27 á de Pontevedra. No caso de Lugo xestionasen e clasificasen unha superficie de 25.531 hectáreas de solo, que significa o 2,59% da superficie total da Provincia, correspondéndose con bolsas de chan situadas nos Concellos Ribadeo,Barreiros,Foz,Burela,Cervo,Xove,Viveiro,Vicedo, Trabada e Valadouro.
O POL integra a paisaxe na ordenación territorial e urbanística establecendo tres niveis diferenciados: os grandes ámbitos de costa representativos, os sectores característicos dentro deses grandes ámbitos e a caracterización de unidades de paisaxe presente en cada un deses sectores. Respecto ao primeiro nivel, diferéncianse 7 grandes costas a Mariña Lucense, Rías Altas, Golfo Ártabro, Arco Bergantiñán, Costa da Morte, Rías Baixas e Costa Sur. Configurando estas 7 costas caracterízanse 35 sectores, tal e como ademais, establécense 428 unidades de paisaxe litorais. No caso da Mariña Lucense. Os sectores costeiros que se delimitan no caso de Lugo correspóndense coa Ría de Ribadeo,A Mariña Oriental,Ría de Foz,Mariña Occidental,Costa de Xove, Ría de Viveiro e Ría do Barqueiro.
O Responsábel Comarcal do BNG denunciou que “o feito de que ningún Concello da Mariña teña o planeamento adaptado a Lei 9/2002 vai significar que na práctica non se posibilite o desenvolvemento de ningunha bolsa de solo urbanizábel nos Concellos da zona e que se impidan usos residencias en solo rústico a pesar de que se mude a súa clasificación en futuros planeamentos”. Asemade Veiga criticou que se divida a Comarca en dúas áreas de costa A Mariña Lucense e as Rías Altas o que evidencia que se está facendo un urbanismo á carta e pensando no cliente, “non deixa de ser curioso co linde entre estas dúas áreas estea entre Cervo e Xove”, ironizou Veiga. Na mesma liña o nacionalista criticou “o dobre linguaxe do PP que unhas veces defende a independencia municipal, pero cando goberna na Xunta centraliza competencias, sobre todo naquelas cuestións onde hai negocio”. Nese sentido recordou que o Plano de Ordenación do Litoral polo seu carácter supramunicipal implica a transposición mecánica ao planeamento local.
O Bloque Nacionalista Galego diante da aprobación dun instrumento de ordenación territorial fundamental para un Concello costeiro como é o POL,considera prioritario que por parte dos Gobernos locais se estuden en detalle as solucións propostas e se fagan participes da mesma aos diferentes actores que participan do urbanismo. Neste sentido reiteramos a necesidade de vontade política que pase por entender a elaboración do planeamento como un proxecto colectivo que garanta a participación dos particulares, que entenda o urbanismo como unha disciplina de carácter transversal que afecta ao conxunto das esferas locais e de xeito moi particular á calidade de vida, que sitúe o público e a defensa do interese xeral como principio rector da política, que desenvolva a ordenación do territorio facendo efectivo o reparto de cargas e beneficios, que non clasifica solo atendendo a criterios de mercado ou do parcelario senón en función do interese xeral e que dea resposta aos problemas centrais dos administrados.
Xa por último Veiga insistiu en que “o PP ten que aclararlle aos veciños da Mariña se vai dar por bo este Plano da Xunta que hipoteca desenvolvementos urbanísticos en boa parte dos Concellos, nalgúns caso por riba dos 500 metros, sen ter en conta as peculiaridades da nosa costa, que clasifica solo sen atendenter a opinión dos diferentes axentes interesados na ordenación do territorio, que sitúa a moitos propietarios aos pes das empresas acuícolas, e que significa a volta ao urbanismo á carta”.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



