Mondoñedo, 18 de maio de 2018.- O proxecto elaborado polo Concello de Mondoñedo para a dotación dun aparcadoiro detrás da Igrexa Nova obtén o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio, que autoriza as obras previstas, que permitirán un importante número de prazas para o uso de vehículos, preto dun centenar, cumprindo así os requisitos da Xunta.
A administración local mindoniense redactou un proxecto co que busca mellorar a convivencia entre peóns e vehículos grazas a ampliación de prazas de aparcamento no casco histórico. Con esta finalidade, o Goberno mindoniense adquiriu dúas fincas, unha en Casas Novas, xunto a coñecida como finca de Jesús Rivas, ás que se suma a cedida pola Xunta de Galicia no recinto da Granxa, ao lado de Igrexa Nova.
Proxecto respectuoso co enclave
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que se trata dun proxecto redactado no mes de xaneiro e cuxa autorización de Patrimonio condicionou o proxecto inicial. O departamento de Xunta de Galicia recoñece a necesidade deste novo aparcadoiro coa finalidade de eliminar o estacionamento dos vehículos nas rúas do casco histórico, que presentan un trazado medieval, estreitas e dun único sentido.
Así a rexedora precisa que o proxecto que conta co informe favorable de Patrimonio establece o coidado da topografía das fincas afectadas sobre as que se creará o aparcadoiro, respectando muros, cómaros e vexetación. Ademais, o referido proxecto tamén inclúe a colocación de elementos vexetais de arboredo e unha pérgola na parcela pegada á igrexa Nova. Do mesmo xeito, no proxecto redúcese o ancho dos viarios, consérvase o muro de peche e as dúas construcións serán rehabilitadas.
O Concello adquiriu as fincas e redactou o proxecto e Fomento contrata as obras
A rexedora explica que este é o último trámite que deberá levar a cabo o Concello. Tras adaptar o proxecto ás indicacións de Patrimonio, este será remitido ao Ministerio de Fomento xunto coa autorización concedida. Candia lembra que esta actuación se acomete en virtude dun protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor do casco histórico. Así, o departamento do Goberno central será o encargado de contratar as obras, mentres que o Concello adquiriu as dúas fincas sobre as que se realizarán as actuacións, ademais de asumir a redacción do proxecto.
Por último, a rexedora remarcou que se está a dar un paso “importantísimo” para a cidade, que permitirá avanzar na posta en valor do casco histórico, así como nunha organización fluída do tráfico rodado.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



