Lugo, 23 de maio de 2018. O Goberno da Deputación, en colaboración co Seprona, continúa esta semana co ciclo de charlas informativas sobre a tenza responsable de animais que se están a celebrar dende o pasado mes de marzo en 12 Concellos da provincia. As últimas charlas celebraranse mañá, xoves, día 24, en Viveiro e Ribadeo, e o venres, día 25, na Fonsagrada e Meira.
O obxectivo deste ciclo de charlas, que organiza a área de Medio Ambiente da Deputación, é informar a todos os interesados, que poden participar de xeito totalmente gratuíto, sobre as obrigas e responsabilidades que supón a tenza de animais domésticos, especialmente tras a entrada en vigor da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
Esta actividade xa se desenvolveu nas últimas semanas nos Concellos de Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Palas de Rei, Baralla, Sarria, Mondoñedo e Vilalba.
Para mañá están programadas dúas charlas, a primeira será en Viveiro, ás 16:30 horas, e a segunda, en Ribadeo, ás 19:30. O venres, ás 16:30 horas, terá lugar outra charla na Fonsagrada e o ciclo rematará en Meira, ás 19:30 horas.
Nestes coloquios participan axentes do Seprona, unha educadora canina e unha avogada animalista. Estas charlas adoitan durar ao redor de dúas horas; logo de realizar a súa exposición os diferentes relatores ábrese unha quedan de palabra para os veciños, xerándose un enriquecedor debate no que cada asistente expón as súas experiencias con animais domésticos. Un dos grandes obxectivos que persegue a campaña é sensibilizar á poboación respecto da situación dos cans abandonados, así como concienciar de que os cans non poden deambular libremente e deben estar perfectamente identificados.
Os encontros serven tamén para achegarlles aos asistentes as novidades que introduciu a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, na que se recollen situacións que poderían ser constitutivas de infracción administrativa ou, en función do caso, incluso ser consideradas delito, xa que os animais están igualmente protexidos polo Código Penal.
Lexislación sobre protección animal
A lexislación vixente establece certas obrigas de carácter básico para as persoas que decidan ter un animal doméstico. Entre elas, destacan a obrigatoriedade de proporcionarlle os coidados veterinarios precisos, así como mantelo nunhas condicións hixénico-sanitarias boas; procurar un aloxamento apropiado, acorde ás características do animal; ofrecer unha alimentación adecuada; implatación do microchip identificativo e inscribilo no Rexistro Municipal correspondente. Ademais, a lexislación tamén recolle a obrigatoriedade de proporcionarlle o exercicio e os estímulos precisos para levar unha vida saudable, cubrindo todas as súas necesidades, tanto físicas, como mentais ou emocionais.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



