A Mariña, 24 de maio de 2018. O Cenima, de Foz, acolleu a presentación da nova directiva da Federación de Comercio da Mariña, que preside José Carlos Paleo. Xunto a el están como vicepresidente, Pablo Palou, como secretario, Francisco Iriarte, como tesoureiro, Víctor Valenzuela, e como vogais Domingo González, Juan Carlos López e Roberto Expósito.
A FCAM aglutina a preto de mil asociados das Acias de Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro, Covas, Xove, O Vicedo e Lourenzá. Esta última acaba de integrarse na Federación de Comercio da Mariña.
O novo presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo na súa intervención que “neste momento imos comezar una nova etapa, hai sete anos que tivemos a primeira reunión para xuntos chegar máis lonxe, e hai cinco anos que formamos a Federación de Comercio da Mariña coa idea de traballar todos xuntos nos mesmos fines”. Paleo considera que “avanzamos moitísimo nestes anos na Mariña, 850 establecementos asociados son un ben necesario para a sociedade”.
Os obxectivos que se marca son “ter unha voz única. A era dixital temos que vivir con ela, pero xa empezan a oírse voces de que ten errores. Temos que concienciarnos de que hai que axudar ao veciño, ao comercio que abre nos nosos pobos e localidades. Temos que empezar por poñer en valor o que temos ao noso carón. Se hai macroempresas que se instalan no centro das cidades, dannos a razón en que queren estar no centro como nosoutros estamos no centro das nosas vilas. Imos traballar en equipo e remar todos xuntos. A FCAM axudou a unir a Mariña e axudará a unila aínda máis, se facemos a vida diaria en equipo imos ser mellores”.
E engadiu: “empezamos unha nova etapa, pero coas mesmas ideas e co mesmo ánimo dos inicios desta Federación de Comercio da Mariña”.
O seu antecesor no cargo, Ánxel Iglesias, a quen lle foi entregado un agasallo en recoñecemento ao traballo feito dixo: “me voy muy tranquilo porque la Federación no podía quedar en mejores manos. Suerte, ánimo y ya sabéis donde estoy para todo lo que haga falta”.
Ao acto celebrado no Cenima asistiron membros das Acias da Mariña, de entidades bancarias, de centros de ensino, así coma o presidente da Federación de Comercio de Galicia, José Mª Seijas, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, así como representantes institucionais da Xunta, da Mancomunidade de Municipios da Mariña e do Concello de Foz.
O delegado territoral da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, manifestou: “quero recoñecer e poñer en valor o intenso traballo feito por todas e cada unha das persoas que forman e formaron parte das xuntas directivas desta Federación ao longo deste primeiro lustro de actividade. Son cinco anos de intenso traballo facendo comarca e facendo Mariña. A Mariña Federación foi unha das marcas que mellor identifica á nosa comarca no seu conxunto e probablemente a entidade de maior dimensión polo número de asociados e polo volume que representa en empregos e en capacidade económica. Detrás destas siglas están dous dos sectores de maior importancia nesta comarca, o comercio e a hostalaría, que hai cinco anos souberon darnos unha lección de unidade e de disposición para superar os localismos conscientes de que unidos somos máis e mellores”.
Balseiro amosou o compromiso da Xunta para colaborar coa FCAM e tivo palabras de recoñecemento para os dous ex presidente do colectivo, Ramón Leivas e Ánxel Iglesias.
Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, animou “á nova directiva a que faga un bo traballo e que conte coa Mancomunidade dentro do que nosoutros poidamos, porque consideramos que vai ser fundamental traballar todos ao unísono por esta comarca”. Para Llano “A Mariña esta traballando agora penso que no bo camiño de ver a comarca como unha unidade. Debemos traballar en facer Mariña pero entre todos, institucións, empresarios e sociedade. Para min o comercio de proximidade é fundamental e temos que buscar a maneira de que sexa atractivo e ao mesmo tempo que a xente se quede a vivir aquí. Consideramos que na Mariña non debe haber soamente dous meses que xeren riqueza e temos que facer a maneira de que sexa unha visita constante desde o mes de xaneiro ao de decembro”.
Pola súa banda, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, subliñou que “estamos a traballar por un produto único, que é esta comarca, e que xerará os seus beneficios. Na Mariña botamos atrás todos aqueles localismos que había hai uns anos, estamos aprendendo dos errores gravísimos que se cometeron nese senso nesta comarca, e están nacendo cousas moi interesantes. Esa visión xeral é unha visión moderna que debemos aplicar. Creo que estamos facendo cousas positivas mellorando a capacidade comercial das nosas vilas. Animo a todas as administracións a seguir investindo nos pobos en obras importantes. Estou encantado de que hoxe esteamos no Cenima, o Centro de Interpretación da Mariña, que queremos que sexa a imaxe da unidade da comarca”.
E tivo palabras de recoñecemento para o novo presidente da FCAM: “ Paleo é un empresario comprometido e ten as ideas moi claras do que quere”.
Tras a quenda de discursos os asistentes a este acto departiron no aperitivo servido no Cenima.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



