NOTA DE PRENSA
A VISITA DO SECRETARIO DE DEPORTES, A CERVO NON SOLUCIONOU OS PROBLEMAS DA PISCINA MUNICIPAL
O GMS LAMENTA O CONFORMISMO DO ALCALDE ANTE O “PARCHE” CON QUE O SECRETARIO DE DEPORTES JOSÉ RAMÓN LETES QUERE DESPACHAR A PISCINA DE CERVO
CERVO, 27 DE XANEIRO. Nada sustancial ha cambiado en la piscina municipal de Cervo despois da visita do secretario xeral para o deporte da xunta de Galicia. As goteras continuan no vaso, as escaleiras de emerxencia non poden ser utilizadas, a pintura das gradas presenta o mesmo deterioro, e para colmo a auga das duchas sae mais fría nestes días de inverno.
O GMS entende que a piscina municipal require unha inversión real e coidados constantes por parte do Concello e o que menos necesita e caer na autocomplacencia do alcalde ante unha visita institucional.
RECURSOS PARA O PERSOAL E USUARIOS
O GMS solicita ao Concello de Cervo e á Xunta que aporte os recursos verdadeiramente necesarios para que tanto o persoal coma os usuarios podan traballar e facer uso dunhas instalacións en perfecto estado. Neste senso, temos que volver a recordar que a día de hoxe, a piscina non poderia acoller eventos deportivos multitudinarios ao non ter en regra as medidas de evacuación, posto que a única saída de emerxencia atópase inutilizada polo desgaste e a falla de mantemento.
DENUNCIAS EFECTIVAS
Os concelleiros socialistas queremos amosar a nosa satisfacción posto que tras as últimas denuncias efectuadas a través dos medios sobre as condicións nas que traballaba o persoal da piscina en días de choiva, o concello non tivo mais remedio que tomar medidas inmediatas, que solventaron en parte, a situación..





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



