A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña inaugura no café-bar “O Caseto de Copa” de Cervo unha exposición de pintura con 12 cadros do artista e usuario da Asociación: Xolo. Con este tipo de actos dende a Asociación a Mariña loitamos pola plena inclusión das persoas con enfermidade mental na comunidade así como na mellora da súa autoestima. Todo isto repercute positivamente na súa saúde mental e na súa calidade de vida, obxectivo principal da nosa labor. Convidámolos a visitar a exposición que durará todo o mes de xuño e agradecemos encarecidamente a colaboración do café-bar “O Caseto de Copa” facendo visibles as obras de arte do noso gran artista XOLO.
