O Vicedo 31-5-18. Este xoves 31 de Maio ás 12:30hs presentouse na Casa da Cultura do Vicedo a III Romaxe Viquinga que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de Xullo coa praia de Area Grande (San Román) como principal escenario.
Compareceron neste acto de presentación o excelentísimo alcalde do Vicedo D. José Jesús Novo Martínez acompañado do delegado territorial en Lugo da Xunta de Galicia D. José Manuel Balseiro Orol e dos artistas Enrique Domínguez e Andrea Pousa (Queiman & Pousa), quenes serán os encargados de levar o peso organizativo este ano.
O máximo responsable do equipo de goberno vicedense indicou que a Romaxe deste ano “está deseñada para chegar á maior xente posible”, comezando polo cartel promocional e a presentación “este Xullo -concretamente o día 10- por primeira vez na Casa de Galicia en Madrid” ademais de na cidade de Lugo, acto xa habitual. Tamén destacou Novo Martínez que con esta idea de traspasar as fronteiras autonómicas escolleuse como pregoeiro a Antonio Durán “Morris” quen “está a triunfar a nivel nacional coa serie ‘Fariña’”.
O rexidor tamén avanzou as partes dun programa “moi completo e optimizado, xa que o tempo dá para o que dá” que contará cun gran torneo medieval, espectáculos de lume, enterramento e voda viquinga.
Quixo por último o alcalde do Vicedo agradecer a José Manuel Balseiro o encargo levado a cabo de “xestionar con tanta axilidade o desembarco, nunca mellor dito, en Madrid” tomando relevo na palabra este útlimo para deixar claro o “compromiso por parte da Xunta de Galicia con esta festa” e facendo fincapé na repercusión do Vicedo no mapa turístico galego, “un Concello que está de moda grazas ó Fuciño do Porco, á excelencia das súas augas -recoñecida recentemente pola Consellería de Sanidade- e á Romaxe Viquinga”. Tamén expresou J.M. Balseiro ser consciente “do esforzo do goberno municipal, co seu alcalde á cabeza, para poder levar a cabo esta celebración”. Un esforzo por celebrar esta recreación histórica, un xénero polo cal “cada día apóstase máis” e que segundo as súas palabras “paga a pena vivila e desfrutala”.
Despois da reprodución dun vídeo sobre a Romaxe Viquinga de 2017 tomaron a palabra Queiman & Pousa para falar das principais novidades desta edición: un novo deseño de cartel e díptico, a concentración nun mesmo lugar dos campamentos viquingo e cristián con artesáns, obradoiros e actividades ou un intercambio cultural entre Galicia e Irlanda no que a asociación ‘Lake Vikings’ de Dublín achegará a varios dos seus integrantes ata terras vicedenses para enriquecer de seguro a compoñente cultural da festa. Porque segundo o ‘Bruxo Queiman’ “este ano vai ser unha celebración espectacular, con moita forza” pero “sen olvidarnos do importante, a zona do Asentamento dos Moutillós, xa que un pobo sen pasado non ten futuro.”
Previamente tivo lugar o acto de presentación para os alumnos e alumnas do CEIP do Vicedo que participaron no Concurso de Debuxo Infantil Romaxe Viquinga. Establecéronse 2 categorías (de primeiro a terceiro de Primaria e de cuarto a sexto de primaria) e os gañadores foron Alba Pereira Martínez para a categoría de primeiro a terceiro e Alberto Pedre Solloso para a categoría de cuarto a sexto. Ambos levaron un lote de libros como premio ao seu traballo e todos os nenos e nenas do colexio levaron material escolar como agasallo e para premiar o seu labor.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



