A Frouxeira, 2 de xuño de 2018. O Pico da Frouxeira acollerá unha recreación histórica o día 8 deste mes, venres. O acto, que é para todos os públicos con entrada gratuíta, comezará ás 21 horas, pero o público debe estar no lugar con media hora de antelación como mínimo porque o acceso ao escenario da representación pecharase 30 minutos antes do inicio do evento. Titúlase A historia cobra vida na Frouxeira e está organizado polos concellos de Alfoz e Foz.
Ese mesmo día, pero ás 11 e media da mañá, na Frouxeira haberá outra recreación histórica, pero neste caso dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Alfoz e Foz.
Os organizadores explican que se trata dun acto dos concellos de Foz e Alfoz para a promoción da Frouxeira, iniciativa que se suma á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta cunha subvención concedida polo departamento de Turismo da Xunta de Galicia.
Na presentación do evento participaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Desenvolvemento Local, Xabier Pardiñas Suárez; e os responsables da compañía Queiman e Pousa, que se encargará de realizar a recreación.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



