Semella incríbel que haxa que lembrar, ao xeito das profesoras e mestres, que nun sistema parlamentario goberna a maioría absoluta dos deputados e non a minoría maioritaria, a candidatura máis votada sen maioría abondo. Na falta dunha maioría absoluta será normalmente esa candidatura máis votada á que habería percurar un acordo estábel con outras forzas, mais esa maioría pode vir do pacto entre o segundo, terceiro e quinto máis votado. A ladaíña de que goberne a candidatura máis votada é un argumento do guieiro da dereita española que lles aprenden cando son cativos, conscientes da súa xenética incapacidade de chegar a acordos estábeis con outras forzas por mor do seu xorne autoritario.
Outro principio fundamental da democracia é que os votos dos deputados elixidos pola cidadanía valen igual. É dicir, que a deputada que ten unha idea de España moi distinta do supremacismo españolista do PP e Cs conta tanto coma as destes. Pedro Sánchez ten só 84 sobre os 350 deputados do Congreso. Mais obtivo o voto doutros 96. O feito de que moitos destes sexan da “cáscara amarga” ( para eses voceiros mediáticos dos millóns de españois que aínda profesan o franquismo sociolóxico) non lles tira ningun valor democrático. Logo de obter representación parlamentaria todos os votos dos deputados valen igual. 180 constitúen a ampla maioría absoluta no Congreso e os 169 do PP e Cs a clara minoría. Un prato é un prato.
Pasou o que pasou porque se cumpriu o principio fundamental dunha democracia parlamentaria: acadar unha maioría parlamentaria. E os deputados do PSOE obtiveron o concurso dos de Unidos Podemos, ERC, PNV, PDECAT, En Comú Podem, En Marea, Compromìs e EH-Bildu baixo a premisa de salvarmos a dignidade institucional, gravísimamente fanada pola corrupción orgánica do PP.
Mais è evidente que axudou xuntar esta maioría o afastamento do PP da cidadanía e dos intereses das maiorías sociais. Porque eu, que trato decote pola miña profesión cun amplísimo espectro de persoas, non vexo xa na vida cotiá persoas como as que cesan estes días. Xente como os ex ministros Iñigo Mèndez de Vigo, Juan Ignacio Zoido ou Jorge Fernàndez Díaz, máis antigos ca o fío negro.
Vostedes tampouco, verdade? Son os herdeiros do franquismo sociolóxico que saen do foco. Mais teñan conta. Polo de agora saen. Mais segue habendo moitos, malia que vostedes non traten decote con eles.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



