Ribadeo, 4 de xuño de 2018. Acisa asinou o convenio anual de colaboración co Concello de Ribadeo para a realización de actividades encamiñadas á promoción e apoio ao comercio e á hostalería ribadenses. A dotación económica ascende a 14.000 euros e servirá para que a asociación empresarial leve a cabo iniciativas positivas para os seus asociad@s e para o conxunto de Ribadeo.
Algunhas das actividades que xa se realizaron con cargo a ese convenio foron a gala anual de Acisa, na que se premia a carreira empresarial de persoas que estiveron ao fronte de negocios durante a súa vida e de empresarios que desenvolven traballos singulares e diferentes. E tamén se celebrou unha xornada de control de estrés, que tivo unha grande afluencia.
Actualmente Acisa está a editar o material promocional e publicitario para os seus asociad@s, que xa distribuíu nunha primeira fase en Semana Santa cando se editaron 10.000 rueiros, 10.000 manteis e 10.000 pousavasos. Esta actividade terá unha segunda fase o vindeiro mes no que se editarán 25.000 planos turísticos co listado dos asociad@s, que se porán a disposición dos hoteis para que poidan repartilos entre os seus clientes.
O convenio entre Acisa e o Concello de Ribadeo inclúe dúas actividades no ámbito publicitario que teñen por obxectivo dar a coñecer o comercio e a hostalería ribadenses, e polo tanto o conxunto da localidade. A primeira campaña publicitaria, co slogan Ribadeo, o centro comercial coas mellores vistas, tivo xa unha fase de emisión que continuará agora en xuño e que se completará no último trimestre do ano. A outra campaña publicitaria levarase a cabo no mes de setembro e consistirá en potenciar o domingo en Ribadeo, co fin de dar a coñecer a máis xente a singularidade do comercio ribadense de abrir os domingos pola mañá.
Outra actividade que se engloba neste convenio é a tradicional Noite Fluor, que se celebrará como é habitual no mes de agosto. Tamén está prevista unha iniciativa de tipo gastronómico, que terá lugar no mes de outubro e que é unha das novidades deste ano, xunto co primeiro desfile de charangas anunciado xa para o día 14 de xullo.
O convenio anual de colaboración entre Acisa e Concello foi asinado por Francisco Iriarte e por Fernando Suárez.
Iriarte valorou “a importancia desta anualidade de 14.000 euros. Para nós é unha cantidade de cartos moi importante que unida ás outras axudas doutras administracións, ás propias cotas dos socios, fai que Acisa siga a ser a asociación comercial de referencia na Mariña. Estamos traballando na organización de novas campañas e no mantemento doutras que xa están consolidadas, todo co obxectivo de dinamizar o noso comercio e a nosa hostalería, en definitiva co obxectivo de dinamizar Ribadeo”.
Pola súa banda, o rexedor declarou que “o comercio é o piar practicamente fundamental do noso concello, ou dos máis importantes cando menos, e é boa cousa que o Concello o apoie tamén dunha maneira preferencial con diñeiro público, pero que redunde no comercio, na hostalería, etc. Esa é a nosa misión e estamos encantados de poder achegar esta cantidade económica para 2018”. Suárez Barcia lembrou que “ao longo do ano Acisa e Concello levamos adiante iniciativas en conxunto e outras por separado, como é normal, pero cun común obxectivo que moita xente veña a Ribadeo a mercar, a xantar, a visitarnos e que goce de magnífica oferta que aquí atopará”.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



