Este sábado día 9, ás doce da mañá, na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión de “Familias que contan”. Nesta ocasión co conto creado por Breo, un neno de 5 anos, en colaboración coa súa nai Mili, e o seu pai Héctor. Os tres estarán con nós este sábado para contarnos a historia que crearon e ilustraron xuntos.
