Polo ano 1928 iníciase a construcción do Asilo, obras que rematan en 1931, según consta no frontispicio da entrada principal. Pero será dous anos mais tarde- 1933- cando se inaugure, o día 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme; patronímico asinado a aquela Institución, por vontade da fundadora.
Vallibria, o periódico que en Mondoñedo dirixía don Xosé Trapero Pardo, daba novas do acontecemento ”… un reconfortante Asilo, en el que el pequeño detalle está atendido, y a Foz un edificio que es gala y ornato de la villa… dominando el panorama terapéutico de la ría, y dilatadas perspectivas del litoral, desde Tapia a San Ciprián. Es un hermoso edificio de dos plantas, de amplios y profundos ventanales y dividido por una capilla central, de bella traza románica, en dos costados laterales, idénticos, para los asilados de cada sexo, que amplias escaleras de cómodos rellanos, dividen en dos secciones. Toda la pavimentación del edificio, excepto la de los dormitorios, es de baldosín de la renombrada fábrica de Burela.El establecimiento, que está separado de la carretera de la Costa por un jardín de amplia escalinata y elegante verja, forjada por cierto en los talleres de Foz, cuenta con abundante agua corriente en todos los departamentos y un elevado murallón cierra sus 65 áreas de huerta…
El edificio, que engalana grandemente aquel paraje, y que ha costado 375.000 pts., sin contar las dependencias exteriores, honra al arquitecto don Roberto Lage Baamonde y al contratista, señor Mera”.
A construcción, de fermosa traza, e acusada personalidade, divisábase entón de calquera punto da vila, e dende a outra beira da ría a súa planta erguíase maxestuosa,sobre as casiñas que se apiñaban arredor da igrexa e do porto.
Así o expresaba Rufina Solveira, en poesía publicada o 20.10.1934 en “La Democracia” de Luarca; descripción dende Barreiros, onde a poeta residira por algún tempo. Precisamente o título é “Mi pueblo”; e dí así:
“Desde la casa en que habito/ veo a mi pueblo natal,/mirándose al gran espejo/ del majestuoso mar./
Hasta él llegan las olas/ y blancas copas de espuma;/conchitas de algas marinas/ y nubes de espesa bruma./
Veo mi humilde casita,/rodeada de una higuera,/contemplando las barquillas/ al margen de la rivera.
Veo el faro que señala/ el peligro al marinero;/su lucecita brillante/ hace guiños al mar fiero./
Veo el soberbio edificio/ que cobija al desvalido:/ Quizá yo algún día en él/dé mi postrer suspiro…”
O 9.9.1935 o Concello, a petición dos albaceas, declara como cemiterio o panteón construido na capela,só aós efectos do traslado e inhumación dos restos da parella benfeitora, sepultados no cemiterio de Barreiros que “coincide co desexo do pobo de Foz, agradecido ós seus fillos… “, según consta na acta da sesión municipal
No transcurso do tempo o Asilo, rexido polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados,foi obxeto de melloras, sempre tendentes a cumprir as funcións para o que fora concebido.Nese senso gardamos memoria das realizadas polos anos 70, coa ampliación e modernización de dependencias e servizos; dotación de instalacións para matrimonios; cafetería, perruquería unisex; sala de xogos, de tv. e de lectura, aseos para minusválidos… así como ascensores para camillas, megafonía, planchadoras,lavadoras, etc.
Nesta época rexía aquela Casa unha monxa excepcional, tan pequena de corpo coma grande de espíritu, de traballo, de xenerosidade, de optimismo, de entrega e de ilusión: a Madre Ambrosia; de inesquecible recordo.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.