Viveiro 11-6-18. A Historia de Galipizza comezou ao pé da Praia de Covas (Viveiro) a finais de xuño de 1993, e este sábado 16 de xuño de 2018, 25 anos despois, celebra as súas Vodas de Prata cunha xornada chea de actividades, á que convida a tódolos seus “galipizzeros e galipizzeras” para celebralo xuntos.
A xornada comezará ás 12h cunha Concentración de Coches Clásicos, organizada en colaboración co Club de Coches Clásicos Viveiro, con vehículos anteriores a 1985. A inscrición pode realizarse ata o martes 12 xuño no teléfono 661195654 (Adrián). As 20 primeiras inscricións recibirán unha invitación para a posterior comida popular.
Desde as 14h terá lugar a Sesión Vermú na Terraza de Galipizza Covas, como paso previo á Comida Popular do 25 Aniversario, para a que se poden reservar tickets en calquera local de Galipizza ata este martes 12 de xuño. O prezo do xantar é de 23€ por persoa.
Xa pola tarde, a partir das 18h terá lugar unha Exhibición de Coches Radio Control a cargo da Escudería Racing Cotén.
Pola noite, a partir das 21h chegará un dos momentos máis agardados, co Sorteo de 2.000 euros en metálico con 5 premios en metálico de 800€, 500€, 300€, 250€ e 150€. Será un sorteo presencial que se celebrará na Terraza de Galipizza Covas no que se pode participar coas tarxetas Rasca&Gaña que se levan repartindo desde hai meses en Galipizza Covas.
A fin de festa musical comezará ás 23h coa actuación de DJ Marco Fernández.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



