Nota de Prensa
VILLARES NON QUIXO CHEGAR A CONSENSOS NAS PROPOSTAS DO FEESL 2010
Os nacionalistas lamentan que ao PP as propostas lle parezan interesantes mais non queira aproveitalas por vir da oposición
Estúa criticou a escasa dedicación que o goberno local lle da ás persoas maiores do municipio
Cervo, 30 de xaneiro de 2010. O Bloque Nacionalista non comprende como o alcalde de Cervo, aínda valorando positivas as iniciativas presentadas para o FEESL 2010, e incapaz de incluír aínda que sexa en parte algunha das propostas presentadas. Os nacionalistas botan en falta a falla de compromiso do goberno local coas persoas maiores e a zona rural do concello, ao non querer incluír dentro do gasto en materia social con cargo ao Plan E 2010 ningunha medida dedicada a este sector social, o 25% da poboación do concello, e a dinamizar os centros sociais espallados polo municipio. Os nacionalistas recolleron sinaturas na urbanización Río Covo onde se reclama ao goberno local un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas.
O PP non quer oír falar de incrementar os servizos ás persoas maiores do concello
O BNG lamentou a escasa sensibilidade do Partido Popular na proposta nacionalista para incrementar os servizos prestados polo concello á persoas maiores poñendo en marcha un servizo profesionalizado e unha programación de actividades estábeis durante todo o ano con cargo aos fondo sociais do FEESL. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, demandou a posta en marcha deste servizo con cargo ao aforro de 100.000 euros que vai ter o concello ao cargar no FEESL os gastos municipais de educación. O nacionalista detectou incomprensión por parte do goberno local no que ten que ser a asistencia social ás persoas maiores, “a máxima do goberno parece ser non crear necesidades, para non ter demanda”, en referencia ao discurso da concelleira de Asuntos Sociais que “da por suficientes as partidas de tute e parchís ou o xantar anual do 1º de maio”. A maior afondamento Estúa denunciou que ao PP só lle importan os maiores como mercadoría electoral e para facer negocios, “en pouco tempo imos ver como se lles cita para a exposición da maqueta da Residencia e Centro de Día, sen explicarlles nin cando se vai facer, nin canto van ter que pagar en caixa cando pretendan acceder a este servizo”
Na Urbanización Río Covo o PP ten moitas contas pendentes
Na mesma liña, o portavoz nacionalista preguntouse cando pretende compensar o PP os engano masivo cos veciños e veciñas de Río Covo, “primeiro sacáronlles o clube deportivo con promesas de xestión, investimento e dinamización que nunca se cumpriron, despois puxéronlles farolas que non aluman e impiden o paso polas beirarúas, as fochancas non se amañan e a as zonas axardinadas son unha selva. O BNG relamará nos orzamentos de 2010 a asignación económica suficiente para executar un proxecto integral de eliminación de barreiras arquitectónicas en Río Covo, porque así o demandan os veciños, neste sentido fixo mención a que os nacionalistas dispoñen da sinatura de moitos veciños e veciñas da urbanización que reclaman ao goberno local esta actuación, para o conxunto da urbanización e non so en parte dela.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



