Temos un Estado de luxo que non chora recursos, demóstrao cunha planificación territorial e de infraestruturas poderosa que nos sitúa na vangarda europea do gasto público, mellor dito do mal gasto público. Esta realidade é especialmente intrínseca en Galicia, as inversión de España en Galicia están a ser o paradigma do que non se pode permitir facer.
Temos tres aeroportos, sen un plan de traballo común e mal comunicados entre eles, calquera desvío de un bo entre os mesmos é un suplicio de horas de autobús para os visitantes e usuarios.
Temos na ridícula distancia de un puñado de millas náuticas dos macroportos en Ferrol e Coruña que so valeron para enterrar un montón de millóns de euros e para que ningún dos dous funcione a pleno rendemento nin coordinados.
Temos unha obras do AVE, que van sumando millóns e que non se sabe moi ben cando van a rematar e por riba tampouco vertebran o noso territorio, o contrario, que pasará cos tres aeroportos?
Pero o paradigma da mala xestión en planificación centralista é a autovía A-8, famosa por un tráxico accidente pola néboa e convertida na “AUTOVÍA AUSENTE” que pasa máis días pechada que aberta. Un tramo con sobre-costo e con unha inversión de máis de 200 millóns de euros por riba do ornamentado.
Gozo con bastante frecuencia da iluminación de corte da estrada, moi moderna e incluso innovadora, pero aseguro que prefería que o trazado non fose o actual, por moi bonitas que sexan as luces que fomento colocou para seguridade de todos.
A clave do problema é que estas dotacións, servizos e infraestruturas FEDERAIS, foron planificadas dende Madrid sen contar coa opinión dos galegos e galegas. Aseguro sen medo a equivocarme que calquera persoa de Abadín ou de Mondoñedo sabía que no Fiouco a néboa era veciño incansable, pero claro dende os despachos de Madrid non ven máis lonxe que do Guadarrama.
Aínda é mais sorprendente se temos en conta que consultando fontes históricas, os romanos, si eses do Arde Lucus, podíamos ter evitado o problema. Estes tiñan un paso entre a Mariña e a Terra Chá xustamente polo val seguinte, sen néboa, que listos estes romanos! Igual sabían preguntar á xente da zona.
O problema xa non ten moita solución, pero ten que servir duna vez para que os galegos teñamos forza para influír nas decisións que se toman sobre o noso territorio decidíndoo en Galicia baixo uns criterios coherentes co noso e baixo o coñecemento das necesidade do noso. O resto supón un freo o cremento do noso País.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.