Cervo, 26 de xullo de 2018.- O Concello de Cervo acollerá a III Edición de Gadélica Sargadelos desde mañá venres e ata o domingo.
A Festa, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras”, e de Alberto Casas, e que contra coa colaboración doutros veciños e veciñas do municipio e do Concello de Cervo, arrincará mañá ás 21:00 horas cunha cerimonia inaugural de Ioga, a cargo de Mariló Ruíz, no escenario Delos Garden.
Ese mesmo día, ás 21:30 horas, no escenario principal, está prevista a actuación de Güintervan, seguida dun dos concertos principais do festival, o de Mounqup (23:00 horas); a continuación será a quenda de Astral Dub Experience.
Mentras, tamén desde as 21:30 horas, no Delos Garden, terá lugar a actuación de Gloom Music.
O sábado a hora do vermú estará amenizada por Perfusión desde as 13:30 horas; e ás 21:30 horas, no escenario principal, está prevista a actuación de Enko&Vimol, seguida do agardado concerto de Malandrómeda, ás 23.00 horas. A continuación actuará The Gloom Moon Night.
No Delos Garden, desde as 21:30 horas está prevista a actuación de Maislume Kolektive, seguido de Hortical, Ovella Negra e Seck in Dub.
Ademais de música haberá actividades complementarias para todos os públicos. O sábado ás 11:00 horas haberá unha sesión de fitoterapia, ás 12:00 e ás 17:00 horas haberá taller de mandalas; ás 19:00 horas, taller de Sitar e ás 20:00 horas taller de runas.
O domingo, ás 19:00 horas, haberá taller infantil de pompas e ás 21:00 horas taller de Hula Hop.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a que participen neste evento no que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e máxica desta paraxe, na que se volve prestar especial atención á decoración e a ilumniación, de xeito que As Antigas Fábricas de Sargadelos e a súa contorna reflictan a súa beleza natural.
O festival contará con gran diversidade de postos de artesanía e gastronomía que farán de Gadélica Sargadelos un encontro de diferentes culturas e no que degustar diferentes receitas.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



