Cervo, 27 de xullo de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía ás persoas usuarias e á plantilla de profesionais da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, que está ubicada no municipio.
Alí puideron coñecer de primeira man o proxecto que veñen de iniciar coa posta en marcha dun obradoiro de cerámica.
Villares precisou que “desde o Concello mantemos unha colaboración moi estreita con este centro desde os seus inicios e nesta ocasión, tamén quixemos poñer o noso grao de area para a posta en marcha desta nova iniciativa que tantos beneficios lles reporta ás persoas usuarias”. Así –engadiu- adquirimos con fondos municipais un forno que supuxo dun investimento de 4500 euros, coa que elaboran pezas únicas e orixinais no seu día día “o que supón grandes beneficios físcios e mentais para todos eles e todas elas”.
Esta aportación vén sumarse a unha axuda directa nominativa de 12.000 euros que se fixa cada ano no orzamento municipal co único obxectivo de contribuír a que poidan manter así a calidade dun servizo tan necesario que prestan tanto ás persoas usuarias como ás familias.

O Concello de Cervo contribúe con case 5.000 euros á posta en marcha do obradoiro de cerámica da Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña
- Anterior
Amplo programa de actividades o que se desenvolverá do 2 ao 5 de agosto en Burela coincidindo coa celebración DA XXXIV Feira do bonito. Terá lugar o II Certame internacional de pintura mural Amarte, a mostra de cine Ultramar, o I torneo de baloncesto 3×3, o izado da bandeira azul no Barco Museo Reina do Carme e degustacións gastronómicas