O xuiz do Penal nº 1 de Granada ven de condenar Juana Rivas por dous delictos de retención de menores do artigo 225 bis do Còdigo penal ( 225 bis CP) a cadansúas penas de dous anos e medio de cárcere e tres de privación da súa patria potestade a respecto dos dous menores.
A sentenza é certamente desproprocionada. Mais esta desproporción nace dun erro na aplicación da lei penal. Neste caso hai unha única acción, un único ben xurídico protexido vulnerado ( o mantemento dos menores na convivencia canda o proxenitor custodio) e, xa que logo, un só delicto. En circunstancias normais, nas que non existisen outros elementos a considerarmos, a pena non habería sobardar os 28-30 meses.
Mais neste caso hai outras cuestións absolutamente substanciais que non se tiveron en conta na sentenza. Porque exclúe este delicto o feito de existir causas xustificadas para a retención ou substracción. Causas que evidentemente van vencelladas á interpretación que a nai neste caso fixo do risco que vivían os seus fillos na compaña do seu pai, co e non só na condenado no 2009 por un delicto de violencia machista e acusado dende xullo de 2016 polo mesmo comportamento (denuncia á que a xustiza italiana non lle deu aínda trámite). Unha interpretación apoiada polo criterio de xuristas funcionarias da Administración autonómica andaluza, quizais dun xeito irresponsábel nalgún intre concreto. Verdade é que a entrega efectuouse serodiamente, xa executiva a sentenza civil, cando llelo ordenou o xulgado de instrución penal. Mais fíxose sen necesidade de coerción policial, antes de rematar o prazo outorgado, polo que semella que habería terse acollido unha atenuante de reparación do dano.
Botouse faltar un axuizamento dende a perspectiva de xénero. Dende a condena do 2009 Juana volveu vivir co pai dos seus fillos e e non denunciou até que voltou en 2016 a Andalucía. Desta omisión deduce o xuiz a inexistencia de violencia machista, cand esa falla de denuncia é característica de moitos procesos de maltrato, nomeadamente dos de anulación da personalidade por maltrato psicolóxico.
A probabilidade desa violencia, conectado coa “causa xustificada” do 225 bis CP xustificaba considerar unha eximente incompleta que rebaixara substancialmente a pena imposta. A sentenza é desaquelada e xera unha grande alarma social.
Urxe a formación de xuices e fiscais en perspectiva de xénero.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



