Ribadeo, 31 de xullo de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto iniciar este semana as obras de mellora da seguridade viaria e reforzo localizado do firme na estrada autonómica LU-133, entre as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros)
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos sobre o terreo iniciaranse previsiblemente este xoves, 2 de agosto, aínda que mañá mesmo está previsto proceder á sinalización da obra e a acometer diversos traballos preparatorios que son previos.
A empresa adxudicataria, Isidro Otero, actuará ao longo dos 11,15 quilómetros de vía distribuídos en dous treitos: Entre o PK 6+640 (glorieta de intersección coa LU-P-6103 a Trabada) a 14+300 (na entrada de San Vicente) e o PK 17+350 (intersección coa LU-P-5207 a Ribadeo) a 21+240 (final da estrada, na intersección coa N-640)
Os traballos consistirán na regularización da superficie actual do firme nos espazos mais deteriorados (fresados localizados) e na extensión dunha nova capa de rodadura en todo o ancho da plataforma.
Ademais está previsto a reposición da sinalización horizontal nos treitos afectados polas actuacións e colocación de ollos de gato e a substitución de barreiras de seguridade e instalación de novos treitos de barreiras.
Balseiro explica que a o proxecto inclúe un prazo de execución destas obras de catro meses, e avanza que o investimento previsto para estes traballos está próximo o millón de euros.
Con todo, esta obra completa unha executada nos primeiros seis quilómetros destas mesma vía e promovida nos anos 2015 e 2016, e que daquela supuxo un investimento adicional 485.000 euros, polo que investimento global do Goberno galego nesta vía será de preto 1,5 millóns de euros



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



