Ribadeo, 31 de xullo de 2018. No pleno ordinario de hoxe someterase a debate e aprobación a modificación da ordenanza fiscal que regula a ocupación de espazos públicos. Estarán exentas de pagar esa taxa aquelas entidades e asociacións sen ánimo de lucro que non busquen beneficio económico ou que o beneficio que poidan obter non sexa relevante en relación co custo da actividade que organicen. A modificación estará exposta ao público por un prazo de 30 días, e o alcalde agarda que entre en vigor despois do verán. Esta medida xa foi posta en marcha por Concellos como Madrid ou Barcelona.
Fernando Suárez explicou que “un dos asuntos importantes que someteremos a aprobación no pleno desta tarde será a proposta de modificación dunha ordenanza, que temos vixente desde hai moito tempo, que regula a taxa por ocupación de espazo público. Ímolo modificar en relación con aquelas entidades sen ánimo de lucro, especialmente asociacións, etc…, porque aínda que o Concello non teña capacidade para determinar os supostos de non suxeición, pero tratando de facer unha interpretación construtiva sobre estes supostos en que estas entidades sen ánimo de lucro non estarían obrigadas a pagar por esta taxa cando se ocupen espazos públicos, acorde tamén un pouco co que se decidiu non hai moito tempo en cidades como Barcelona ou como Madrid”.
O rexedor engade que “deste xeito cando entidades sen ánimo de lucro, que reúnan os requisitos que nesta ordenanza se establecen, e que non busquen un beneficio económico das súas actuacións ou o beneficio que poidan obter non sexa relevante en relación co custe da actividade, poidamos desde o Concello eximilas do pago da taxa. É dicir, unha asociación sen ánimo de lucro que quere ocupar vía pública para facer unha campaña contra o cancro, por exemplo, ou unha asociación que queira facer un concerto aberto á cidadanía, ou mesmo unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro que queira facer unha festa gastronómica para recadar fondos para algo social e colectivo para todos. Son unha serie de supostos que se dan moitas veces e que ás veces ao Concello plantexasenos a dúbida de incumprir unha normativa, que poidamos ter algún reparo, etc…, e para liberarnos diso, tanto desde o punto de vista da xestión como desa asociación para que non poidamos ter ningún problema”.
Suárez Barcia di que “confiemos en que isto vaia adiante. Aprobarase inicialmente no pleno de hoxe, estará en exposición pública durante trinta días e esperemos que xa, en parte do verán, se poidan acoller a maioría das entidades sen ánimo de lucro a esta nova modificación”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



